Pequena reflexión

Na primeira clase expositiva, ao volver das prácticas, abordouse o tema da Sociedade do Coñecemento a partir dunha choiva de ideas, a construción e estruturación dun pequeno texto e a visualización de varios vídeos, ata chegar a novos conceptos e temas como o coñecemento aberto e coñecemento pechado ou a propiedade intelectual, o copyright e Creative Commons.  

Un dos vídeos falaba sobre todos aqueles acontecementos e cambios que se foron producindo ao longo do tempo e, os cales nos levaron a esta sociedade moderna, a Sociedade do Coñecemento. Case sen darnos conta, en poucas décadas pasamos da era analóxica a dixital e a día de hoxe os avances e cambios cara un futuro dixitalizado continúan, abarcando así moitos aspectos da nosa vida. Con relación a isto, quero destacar un suposto suceso que fixo a profesora cando dixo que o noso DNI, o cal actualmente xa é electrónico, podería ser incorporado nun dedo da nosa man mediante un microchip dentro duns anos. Está claro que todo avanza cunha rapidez incríbel que pode beneficiarnos e axudarnos a seguir evolucionando na ciencia e na tecnoloxía, algo positivo e importante sobre o que se debe seguir traballando.

Pero, ao igual que hoxe en día moitas veces non se fai un bo uso das novas tecnoloxías e redes sociais ou onde a nosa privacidade e seguridade non están garantidas, que nos fai pensar que nun futuro isto non ocorrerá así? Pode supor algo negativo para a humanidade un avance ou unha nova tecnoloxía nun provir? Ao reflexionar sobre isto, éme inevitable non pensar na serie de ciencia ficción Black Mirror, a cal mostra en cada capitulo unha sociedade ficticia onde se tratan os temas máis comúns  como o amor, a morte ou a familia, cun gran protagonismo da tecnoloxía. Aínda que é considerada como ficticia, pode chegar a representar a sociedade dun futuro cercano, e nalgúns dos capítulos mostra aspectos e situacións que vivimos na actualidade con respecto as tecnoloxías (Caída en picado, Shut up and Dance ou Playtesting) . Moitas das críticas culpan a tecnoloxía das diferentes situacións que se presentan na serie e danlle un papel negativo. Alonso Martinez comenta nun articulo:

El mundo que presenta "Black Mirror" no es tan lejano del que vivimos. El problema es que, como fuente inspiración, podría hacer que sus predicciones negativas se hagan realidad antes de lo que se pensaba. Quizá la humanidad llegó a un punto en el que no podrá avanzar de la manera en que Julio Verne lo pensó y llegó el momento de la distopia y el horror tecnológico.

Polo tanto, para min, e contestando as anteriores preguntas, só o ser humano, a nivel individual e colectivo, pode facer que as novas tecnoloxías se asocien a algo negativo, como ocorre actualmente coas redes sociais, por exemplo, debido ao mal uso que fai moita xente delas (ciberacoso ou o recente caso de Cambridge Analytica e Facebook).

Con esta publicación só quería compartir unha pequena reflexión que xurdiu a partir dun vídeo, un comentario e unha serie. Gustaríame comentar moitas mais cousas en relación as novas tecnoloxías e a serie, así que se alguén a viu anímovos a compartir ideas e relacionar conceptos da materia... E todas aquelas persoas que non a viran, anímovos a vela e máis se vos gustaron películas como Her ou Ex Machina.

Referencias bibliográficas:

Martínez, A. (2017). 5 predicciones tecnológicas que hizo Black Mirror y te harán temerle a la humanidad. Recuperado de: https://culturacolectiva.com/tecnologia/5-predicciones-tecnologicas-que-hizo-black-mirror/