O desenvolvemento da alta tecnoloxía

A tecnoloxía é o coñecemento e a utilización de ferramentas, sistemas e técnicas que fan máis fácil crear, administrar e intercambiar información. A isto súmaselle a intención que ten de conseguir resolver calquera tipo de problema e facer a vida mellor e máis fácil. A todo isto, destacar o feito de que lle axuda ao ser humano a adaptarse ao entorno.

O desenvolvemento que está a ter lugar da alta tecnoloxía, axudou a conquistar todo tipo de barreiras de comunicación, así como reducir a brecha entre a xente de todo o mundo, pois aqueles lugares que están máis lonxe, a día de hoxe xa pasaron a figurar máis cerca. A consecuencia de todo isto, podemos dicir que o ritmo de vida está a aumentar.

Debido a que na nosa vida estamos rodeados de tecnoloxía, o noso nivel de vida mellorou, pois as nosas necesidades estanse a ver satisfeitas cun maior grado de facilidade, podendo afirmar así que os avances tecnolóxicos se converteron nunha parte esencial en esta, xa que as industrias, dunha maneira xeral, estanse a ver beneficiadas pola tecnoloxía.

Ligado a cada unha das grandes necesidades da humanidade, sempre foron aparecendo unha gran gama de tecnoloxías de gran valor. Por exemplo, no caso da comunicación humana, tivo lugar o xurdimento do teléfono, radio, internet… no caso das necesidades da saúde xurdiron a cirurxía, as análises clínicas… entre moitos outros exemplos.   

Posto que a tecnoloxía sempre está en continuo avance, sendo en xeral o desenvolvemento práctico de novas ideas concibidas polas disciplinas científicas, podemos dicir que esta está moi ligada ao concepto de innovación.

Quero rematar dicindo, que a tecnoloxía resulta ser algo indispensable, pois grazas a ela estanse a cubrir aquelas necesidades da sociedade, e conseguindo elevar o nivel de benestar, converténdose así nunha faceta importante das nosas vidas, sendo o mundo totalmente diferente sen ela.

Por outro lado o desenvolvemento tan rápido que está a ter lugar, aumenta o consumismo, traendo tamén o seu uso excesivo, problemas de saúde, insomnio…

Podemos dicir, que pasar tanto tempo cos nosos teléfonos, desconéctanos do que está a acontecer no noso redor e modifica as relación que estamos a ter cos demais. O uso da tecnoloxía seguirá cambiando, baseándose nas demandas da xente e do mercado, sendo nos mesmos quen determinemos si é boa ou mala, en función do uso que lle esteamos a aplicar.

Comentarios

  • Tamara

    ¡Buenas noches Andrea!

    Me parece muy interesante la reflexión que acabas de hacer, ya que como tú dices, la tecnología se está convirtiendo en algo esencial en nuestra vida debido a que como no, nos la facilita de muchas maneras. Sin embargo, también está el hecho de que las grandes empresas se aprovechan de esto y con un fin económico tratan de vendernos “este avance” de diversas maneras. Nos intentan vender “lo último” exponiendo que si no lo tenemos, no estamos “a la moda” y es como si nos estuviésemos quedando atrás, sin avanzar.  En mi opinión creo que no debemos olvidar que simplemente son objetos materiales, no nos hacen ni mejores ni peores personas. Por lo que concluyo un poco como tú, su uso será beneficioso o no según como decidamos emplearla.

    Un saludo.

  • Andrea Balseiro Ferreiros

    Moi boas Tamra!!

    Estou moi satisfeita de que che gustara o meu comentario e te animaras a dar a túa opinión, a cal compartimos. 

    Claro que a día de hoxe vemos a tecnoloxía como algo que está a nosa disposición e algo que resulta ser moi importante no noso día a día, máis a pesar disto non teñen porque aproveitarse de dito feito certas  empresas, ademais de que nos non a teriamos porque considerar imprescindible.

    Moitas grazas e un saúdo!