Ángela Rodríguez

Estudante de Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela

Unha nova expresión para unha vella costume

Continuando coa temática das Fake news, e debido á relativa dificultade que nos supuxo na aula descubrir se as noticias elaboradas polas compañeiras eran verdadeiras ou falsas- ben pola maneira de redactalas, ben porque ao buscalas na rede non se apreciaba claramente a súa veracidade- decidín buscar máis información sobre este concepto e todo o que acarea.

O termo inglés Fake News emprégase para facer referencia ás noticias falsas que circulan por internet. O xornal “El Comercio” publica o seguinte titular: “Fake news”, una nueva expresión para una vieja costumbre. É por todas sabido que as noticias falsas sempre existiron, e que son incluso máis fáciles de propagar que as verdadeiras. Porén, na actualidade estas están sendo protagonistas demasiado a miúdo, incluso tendo un peso importante no ámbito político.

Pero... que significa o titular empregado polo xornal “El Comercio” (2017)? Tal e como amosan ao longo da publicación, detrás das dúas palabras inglesas escóndese unha antiga práctica empregada nalgúns panfletos e publicacións do século XVIII e XIX que difundían informacións non sempre verificadas.

Aínda que esta información poida parecer simplemente un dato curioso, o certo é que na actualidade, como xa vimos en clases anteriores, non sempre se empregan as ferramentas necesarias de cara a verificar informacións atopadas na rede. A veces, é tan sinxelo como buscar a mesma noticia en diferentes fontes; outras, non tanto, pois detrás da noticia falsa atópase todo un enramado cuxo obxectivo é causar confusión, incertidume ou incluso medo, na poboación.

As Fake news son denominadas no xornal La brecha (2018) como “un problema social máis grave do que parece”. Na actualidade, desencadear unha noticia falsa está ao alcance dun clic, e estas, segundo expertos en redes sociais e psicoloxía, teñen un contido que provoca reacción entre as grandes masas. O por que destas noticias responde, en moitos casos, a un beneficio ecocómico que as persoas gañan coas visualizacións desas informacións. Outra motivación importante para crear un bulo é manipular as opinións e ideoloxías dos cidadáns, afectando así estas noticias a todos os ámbitos: social, económico, cultural... ademais de influír na forma de pensar e actuar, tal e como se recolle nunha plataforma denominada “Internet segura for kids” (2017).

Persoalmente, como usuaria de redes sociais e de Internet en xeral, atopeime en numerosas ocasións con noticias falsas que outras persoas compartiran nos seus muros ou incluso publicadas en xornais de tirada nacional.  Sen dúbida, hoxe en día visualizamos constantemente moita información falsa nas redes sociais, as cales non axudan á que debería ser unha das finalidades destas, que é a construción dunha sociedade mellor. De novo, atopámonos coas Redes Sociais en tela de xuízo.

Finalmente, sinalar a importancia de educar nos máis pequenos a capacidade crítica, reflexiva e da argumentación, tanto desde o ámbito familiar coma dende os propios centros educativos.  

Documentación empregada:

“Fake news”, una nueva expresión para una vieja costumbre. (2017, abril 2). El Comercio. Recuperado de: https://elcomercio.pe/tecnologia/actualidad/fake-news-nueva-expresion-vieja-costumbre-421052

Fake news: ayúdales a protegerse de las mentiras que circulan por Internet. (2017, xullo 11). Internet segura for kids. Recuperado de: https://www.is4k.es/blog/fake-news-ayudales-protegerse-de-las-mentiras-que-circulan-por-internet

Fake News está en San Luís y es más grave de lo que parece. (2018, febreiro 8): La Brecha. Recuperado de: https://labrecha.me/?p=153791

 

 

 

Comentarios

  • Ángela González Villa

    Hola Ángela! O teu post paréceme moi interesante, posto que invita a reflexión sobre as fake news, sendo conscientes dos cómodos que somos ao non comprobar a vericidade das noticias, e simplemente, considerar todo o que está na rede verdadeiro. 

    Considero como pedagoga, que a solución está na educación. Na miña opinión é importante, aportar ferramentas a sociedade para a filtración de informacióne e a curación de contidos para identificar a veracidade ou non das noticias,e a información en xeral na rede. 

    Un saúdo e grazas pola túa aportación!

  • Sara Piñeiro

    Hola Ángela Rodríguez e Ángela González, ambos, tanto el post, como la contestación, me parecen interesantes, ya que también estoy de acuerdo en que la solución está en la educación, pero el caso es de qué manera. No solamente es dejar el peso sobre la educación y responsabilizar a los educadores de este hecho, sino que hay que buscar una solución, como bien decíais por medio de la curación de contenidos y la filtación de información.

    Así mismo, como bien dice Open Data Security, todo ello es causado por la globalización por parte de las redes sociales e Internet, en su conjunto. Según datos de esta organización sobre la realidad actual, se espera que el 2022 en la sociedad occidental consuma más noticias falsas que verdaderas, y que no habrá capacidad ni mental ni tecnológicas para evitarlas. Por lo cual corremos un gran riesgo. Con todo esto, se siguen buscando soluciones.

    Facebook, sorprendentemente, fue uno de los pioneros en buscar el remedio a este problema y ha impulsado una serie de recomendaciones a sefuir para identificar estas Fake news. Así os invito que le echéis un ojo. De la misma forma, cabe hacer mención a que se está actualizando la versión de WhatsApp actual (donde Facebook es su dueña) para alentar a los usuarios de esta realidad, aunque resulta complicado ya que es una aplicación donde cifra todas las conversaciones, por lo que no se puede acceder a las mismas.

    DOCUMENTACIÓN EMPLEADA, WEBGRAFÍA:

    https://opendatasecurity.io/es/como-detectar-fake-news-o-noticias-falsas/ 

  • Ángela Rodríguez

    Moitas grazas polas vosas aportacións! Vexo que estamos de acordo en que unha das solucións máis importantes a este problema reside no eido educativo. En canto á túa aportanción Sara, paréceme moi interesante os datos que aportas e leerei o documento ao que fas referencia.