Ángela Rodríguez

Estudante de Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela

Medrando cos nosos maiores

Durante o meu período de prácticas no Centro Sociocultural das Fontiñas, como xa expuxen na infografía adxunta no post “Conceptos na práctica”, un dos proxectos que levei a cabo, denominado “Medrando cos nosos maiores”, foi destinado ás persoas maiores de 65 anos do barrio, tendo como finalidade ensinarlles a manexar dos teléfonos móbiles.

Durante o desenvolvemento do mesmo, puiden observar a gran brecha interxeneracional existente no que respecta ás Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Este feito paréceme de gran relevancia tendo en conta o envellecemento progresivo da poboación galega. No xornal La Voz de Galicia (2018) exponse que, na comunidade galega, “hai máis persoas maiores de 85 que menores de catro anos; hai máis residentes de entre 80 e 84 que entre 5 e 9; hai máis de entre 75 e 79 que de entre 10 e 14...”. Aínda que estes datos son alarmantes, tamén nos indican a importancia de prestar atención ás novas necesidades e demandas que xorden nas persoas maiores.

Sabemos que a tecnoloxía está a cambiar a educación dos máis novos... pero que ocorre coas persoas maiores? Algúns informes revelan o escaso porcentaxe de persoas entre os 65 e 74 ano que se conectan a internet nos últimos meses, o que mostra a existencia dunha gran brecha dixital interxeneracional (González e Martínez, 2017). Persoalmente, opino que unha maneira de facer partícipes e mellorar a integración das persoas maiores na sociedade é a través das novas tecnoloxías, tendo a educación un papel importante neste feito.

Como xa foi mencionado en post anteriores, a sociedade do coñecemento avanza e sofre cambios a pasos axigantados, tendo unha gran repercusión nunha sociedade a cal, prácticamente, xa non se pode entender sen a tecnoloxía. Porén, están chegando estes avances tecnolóxicos por igual a todas as persoas? (González e Martínez, 2017). Como xa foi mencionado en anteriores post, os nativos dixitais son aquelas persoas que, xa dende unha pronta idade, están rodeados polas novas tecnoloxías. Porén, non debemos esquecernos dos inmigrantes dixitais, definidos por González e Martínez (2017) como “aquelas persoas que pertencen ás xeneracións nas que a comunicación estaba moi limitada, acostumados a relacionarse cara a cara”.

Para aquelas persoas que gran parte da súa vida a pasaron sen os novos aparellos tecnolóxicos e que agora ven a necesidade de adaptarse a eles para calquera xestión da súa vida cotiá, pode resultar complexo (González y Martínez, 2017). Non obstante, baixo a miña experiencia persoal durante o desenvolvemento do proxecto que mencionaba ao comezo do post, as persoas maiores asistentes á sesión mostraron en todo momento un gran interese para coñecer o correcto funcionamento dos seus móbiles, sendo conscientes de que lles podían resultar de gran utilidade no seu día a día. Ademais, existen diversas aplicacións destinadas ás persoas maiores que poden resultar de grande interese e axuda.

Polo tanto, podemos concluír dicindo que non só existe unha brecha dixital entre ricos e pobres, senón tamén entre as persoas novas e maiores, sendo este último un fenómeno que tampouco é sinxelo nin rápido de corrixir. Non obstante, creo necesario levar a cabo iniciativas similares ás do proxecto mencionado, pois son demandadas pola poboación. Estas favorecerán a diminución das diferenzas no que ás TIC respecta, ofrecendo grandes oportunidades para todos os colectivos da sociedades, independentemente da idade ou posibles limitacións.

Documentación empregada:

Punzón, C. (2018, abril 24). La pirámide de población gallega ya no es una pirámide: es un jarrón. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2018/02/11/piramide-poblacion-gallega-piramide-jarron/0003_201802G11P3991.htm

González, E. & Martínez, N. (2017, xaneiro 17). Personas mayores y TIC: oportunidades para estar conectados. Revista de Educación Social. Recuperado de: http://www.eduso.net/res/24/articulo/personas-mayores-y-tic-oportunidades-para-estar-conectados

Comentarios

  • Lucía Lareo

    Buenos días Ángela, me parece muy interesante este nuevo punto de vista aportado sobre la brecha digital, ya que a lo largo de mi portafolios me he centrado en los nativos digitales, dejando un poco de lado a esta parte tan importante de nuestra sociedad, las personas de la tercera edad. 

    Indagando en el tema he visto este vídeo que dejo aquí el enlace por si quieres echarle un vistazo. A lo largo del mismo se habla de un proyecto llamado Alfin Senior, destinado a las personas de la tercera edad para reducir la brecha digital. Además en dicho vídeo se puede ver un poco a través del testimonio de las propias personas de la tercdera edad como ellos viven el aprendizaje en las nuevas tecnologías, sus pensamientos y sensaciones. 

    Quizás lo que me pasó a mi en el portafolios, dejar un poco de lado a las personas de la tercera edad en lo que a nuevas tecnologías se refiere, ha pasado en cierto modo en la vida real,  aunque cada vez creo que se apuesta más por la alfabetazación digital de nuestros mayores. 

    Gracias por proponer un tema tan interesante, ¡un saludo!

  • Ángela Rodríguez

    Hola Lucía! En primeiro lugar moitas gracias pola túa aportación. Como ben dis, non atopei no blog posts que falaran sobre a brecha dixital interxeneracional, e tendo en conta a gran porcentaxe que representan as persoas da terceira idade na sociedade actual, paréceme moi importante que sexan se lles dea a oportunidade de ser cidadáns activos na sociedade do coñecemento pois, hoxe en día, e difícil entender a sociedade sen tecnoloxía.

    O proxecto ao que fas referencia paréceme moi interesante e non reparara nel ao buscar información sobre o tema, asique moitas gracias! Ademais, deixo aquí o link ao proxecto "Medrando cos nosos maiores", no cal participei durante o período de prácticas, por se alguén quere botarlle unha ollada: http://compostelaintegra.org/media.local.com/multimedia/imxd/albumes/docs/1520433068Microsoft_Word_-_PROXECTO_MAIORES.pdf

    Aínda que nesta memoria do proxecto non se fai referencia á avaliación do mesmo, debo dicir que as persoas asistentes pediron que se realizaran estas iniciativas máis a miudo, polo que é evidente o interese por parte de moitas persoas de cara a esta temática. 

    Un saúdo!

     

  • Lucía Lareo

    Hola Ángela! Boteille unha ollada ao proxecto "Medrando cos nosos maiores" e pareceume realmente interesante. Ao ver que contaba coa colaboración de Cruz Vermella lembrei cando nós estivemos como voluntarias e realizamos un curso no que tiñamos por finalidade a creación dun correo electrónico para persoas duns 50 anos de idade que demandaban emprego e a nosa sorpresa foi cando no momento de iniciar o curso, moitos destes non sabían como encender o ordenador. ¿Lémbraste? 

    Un saúdo!

  • Ángela Rodríguez

    Como olvidalo! A verdade é que nesa situación puidemos observar a grande diferenza que existe respecto das tecnoloxías, e o importante e útiles que estas poden resultar para buscar emprego. Espero que os coñecementos que lles ofrecemos no curso lles foran de utilidade!