A intelixencia artificial

A raíz dos posts que fun lendo das miñas compañeiras de clase recordei un reportaxe de investigación emitido en "La Sexta", no cal se falaba de como a intelixencia artificial podería cambiar as nosas vidas nos próximos anos. Este programa mostra un exemplo dunha vivenda que estará habitable antes de 2020, a cal está completamente robotizada, permitindo realizar diferentes funcións como: elixir a roupa que vas a vestir vendo antes nun espello (a modo de consello do organismo intelixente), permite o aforro de auga; xa que só proporcina a cantidade necesaria para o que se vai a realizar, etc. 

Ao longo do reportaxe abordaron a relación que existe en Xapón entre algúns humanos e os seus "compañeiros" robots, denominados Pepper. Estes proporciónanlle un apoio emocional aos suxeitos,  que os tratán como un membro máis da familia, chegando incluso a plantexarse posibles relacións sentimentais con eles, se nun futuro teñen unha apariencia máis humanoide.

Pensades que nun futuro os robots poderan desenvolver unha intelixencia similar a nosa, é dicir, que o saber se base na experiencia e na socialización e non na base de datos que teñen integrada de fábrica?

Aquí vos deixo o enlace do programa, por se vos interesa o tema, xa que trata moitos máis temas dos que mencionei: https://www.atresplayer.com/lasexta/programas/enviado-especial/temporada-2/capitulo-3-el-imperio-de-los-robots_5ae19337986b28165074a3ea/

 

Comentarios

  • Marta García

    Boas Vanesa! Non coñecía o reportaxe pero parece moi interesante tendo en conta os avances que se están conseguindo respecto a este tema. 

    En canto a pregunta prantexada dicir que baixo a miña opinión non creo que os robots poidan desenvolver ubha intelixencia similar a nosa xa que non teñen a capacidade racional coa que contamos os seres humanos, polo que dependen da información que se lle introduza na súa base de datos.