Xa queda pouco...

Xa estamos rematando as clases e podemos dicir que levamos moito camiño andando. Se nos paramos a pensar e a reflexionar, polo menos no meu caso, podo ver que adquirín moitos conceptos en relación coas tecnoloxías, en xeral, e coa tecnoloxía educativa, en particular, que me foron formando ao longo deste cuatrimestre. Xa non só se trata dos conceptos aprendidos, senón de saber empregalos e de facernos máis competentes dixitalmente. Ao comezo, apenas sabía dicir que era a sociedade do coñecemento ou da información, ou mesmo que era ser competente en materia tecnolóxica; agora podo manter unha conversa e incluso fundamentar post das miñas compañeiras.

Xa queda pouco, e o que nos falta é a realización do proxecto. Unha iniciativa que me parece interesante posto que nos permite aplicar todo o que aprendemos durante esta materia en un centro concreto, así como ver as vantaxes que nos aportan as tecnoloxías no campo laboral. Tamén considero relevante o feito de que adquiramos coñecementos de utilidade non só no noso día a día, senón tamén no noso futuro laboral, pois nunca podemos saber a ciencia certa cal será o noso posto de traballo nin que tecnoloxías podremos empregar nel.

Por elo, dígovos que reflexionedes realmente sobre o que aprendíchedes e que o plasmedes nese proxecto final e no vídeo que  temos que facer. Moito ánimo a todas e todos.

Comentarios

  • Ángela Rodríguez

    Hola Noelia! Persoalmente, debo admitir que ao comezo da materia me atopaba un pouco perdida, moitos conceptos novos para min. Non obstante, ao realizar unha reflexión en profundidade, por exemplo, repasando os diferentes post que escribín ao longo do cuadrimentre, podo observar a gran cantidade de coñecementos adquiridos e, para min o máis importante, como se vai formando e construindo a miña conciencia como pedagoga. 

    Respecto ao proxecto, paréceme unha iniciativa interesante de cara a plasmar o aprendido de xeito distinto ao acostumado nesta materia. Ademais, tamén nos permite expoñer coñecementos de materias xa cursadas ou que estamos a cursar, o que nos posibilita darnos conta da verdadeira cantidade de coñecementos que fomos adquirindo e somos capaces de poñer en práctica.

    Un saúdo!

  • Noelia Suárez

    Boas Ángela, moitas grazas por ter en consideración o que digo e reflexionar sobra a mochila de coñecementos que obtemos desta materia, que como ben dis, tamén nos conforma como pedagogas. Mpoito ánimo no que resta de curso e espero que aínda sigas adquirindo moitos coñecementos más no que resta de carreira.

    Unha aperta!!

  • Ángela González Villa

    Hola Noelia e Ángela, comparto as vosas opinións, considero que ao comezo non atopaba o significado a materia, sen embargo, a través do adentramento na mesma fun consciente da súa importancia para a nosa formación pedagóxica. Como pedagogas do século XXI debemos estar preparadas para os retos educativos que se nos plantexan, como son os nativos dixitales na aula. Ademais de dar un xiro a educación para adaptar esta a sociedade na que se atopa inmersa!

  • Noelia Suárez

    Hola Ángela González, compartes a mesma opinión ca min, posto que considero que debemos ser coñecedoras de todo o que esta materia nos aportou ao longo do curso debido a que nos nosos ámbitos laborais, segundo puiden comprobar pola experiencia vivida no Prácticum, a tecnoloxía está mooi presente. Espero que aprobeites ao máximo o pouco tempo que nos queda e que sigas adquirindo moitos coñecementos máis ao longo de teu percorrido formativo e laboral. Un saúdo!!!!