Que nos agarda? Empregos e tecnoloxía na pedagoxía.

 

Tal e como comezamos a comprender na materia de tecnoloxía educativa, considero de vital importancia que fagamos unha análise crítica sobre como realmente queremos enfocarnos a nivel laboral.

Comecei esta andaina investigando as ofertas de emprego para persoas graduadas en Pedagoxía e así observar se as tecnoloxías viñan reflexadas como cuestións básicas ou importantes para os postos.

De 10 ofertas 4 tiñan este punto entre os seus requisitos:

Unha oferta en concreto chamoume a atención que resaltaban uso e coñecemento da tecnoloxía pero a nivel usuario o cal me parece inadmisible, como profesionais da educación a pesar da nosa mellor ou peor “relación” coa tecnoloxía non debemos deixalo a un lado, posto que é fundamental para o avance da sociedade e a nosa labor profesional.

Nunha das ofertas incluso o nivel era duns requisitos relativamente complexos querían a unha persoa con coñecementos de pedagoxía e informática.

Ao finalizar a búsqueda  para a observación dos requisitos e análise das ofertas existentes chego a unha conclusión, as ofertas son moi difusas, poden das error a que outras persoas graduadas como educadores sociais puidesen ocupar ese posto,   a necesidade de idiomas parece unha cuestión importante pero non cando se deixa a un lado a innovación tecnolóxica, metodolóxica e outras cuestións que para min están ligadas dun xeito constante coa realidade educativa e afecta o non coñecemento das mesmas a realización e formación das propostas.

Conforme avanzamos cara o unha das nosas etapas na vida que é o proceso de profesionais da pedagoxía debemos tratar de ampliar ao máximo posible a nosa visión obxectiva do mundo, de como avanza, os cambios do mesmo para así poder actuar en consecuencia como profesionais. Se non estamos en consonancia co noso entorno, non poderemos deixar que os noso coñecementos, procedementos, metodoloxías ou calquera outra cuestión que estea nas nosas máns non sexa concordante coa realidade ética que debemos ter.

 

Resultado de imagen de pedagogia tecnologia