Ángela Rodríguez

Estudante de Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela

O que é bo para Noruega é bo para nós?

Buscando información para a realización dun traballo da materia de Educación Comparada, atopeime cun post titulado “Educación y tecnología: ¿lo que es bueno para Noruega es bueno para nosotros?”. Nun primeiro momento, viñéronme á cabeza as palabras tan repetidas polo profesor de dita materia sobre que, a pesar de que un sistema educativo sexa eficaz nun país, non quere dicir que tamén o vaxa a ser noutro, pois son moitos os factores que inflúen. Porén, pareceume interesante e decidín visualizalo e coñecer como a tecnoloxía inflúe na educación Noruega que, cabe destacar, ten un dos Sistemas Educativos máis recoñecidos do mundo. Será esta empregada dun xeito distinto que no sistema educativo español?

O vídeo, o cal vos invito a visualizar (está en inglés, o que nos permite tamén repasar o idioma), fai unha reflexión acerca da necesidade de introducir, ou dar un novo enfoque, ás novas tecnoloxías nas aulas noruegas, coa finalidade de preparar verdadeiramente ao seu alumnado para a sociedade do coñecemento pois di que, a pesar de que na actualidade Noruega conta cun moi bo nivel de vida grazas ás reservas de petróleo, estímase que estas se esgoten antes do ano 2030, e que, para entonces, só lles quedará o coñecemento. Ademais, destaca que, a pesar de ser un dos países cun maior gasto público en educación, o seu alumnado nunca alcanza o nivel máis alto nos informes PISA, e as tasas de abandono escolar son altas. Polo tanto, pregúntase: é este o camiño para a sociedade do coñecemento?. Non se debe esperar a que o alumnado se de conta de que son o futuro da súa nación, senon que se debe facer a escola máis atractiva e motivante. Se os estudantes aprenden mellor, é posible que se motiven para continuar estudando, axudando así a crear unha sociedade do coñecemento. Ademais, afirma que sería moi intelixente aproveitarse do interés dos estudantes polas TIC, ensinándolles a aprender cousas de xeito distintos, podendo alcanzar moita información con tan só un clic.

Durante a visualización do video, atopei moitos aspectos que me recordaban á situación de España. Por que, a pesar de contar con móviles, ordenadores e demais aparellos nas aulas, estes non se empregan, ou o fan simplemente como apoio ás metodoloxías tradicionais? Non axudarían as TIC a unha maior motivación e rendemento do alumnado? Podería diminuir o emprego das TIC a tasa de abandono escolar? 

Link ao vídeo "The future stars now":

http://laescuelaqueyoquiero.com/educacion-y-tecnologia-lo-que-es-bueno-para-noruega-es-bueno-para-nosotros/

Comentarios

  • Lucía Rico

    Boas noites Ángela! Paréceme moi interesante este post, e tamén as preguntas que plantexas nel. Mais agora xórdenme a min novas dúbidas: Coa introdución das TIC nas aulas, non sería a motivación do alumnado só momentánea debida a que se leva a cabo certa innovación e cambio na rutina? Non cabería a posibilidade de que o que agora é innovación se tornase en tradición e deixase de espertar interese?

  • Loreto doallo Durán

    Buenas noches Ángela! Con respecto a este post, me parece muy interesante el debate que planteas. Leyendolo me acordé de como en Islandia se introducen las TIC desde la Educación Infantil, dándoles gran prioridad más bien por una cuestión de utilidad, ya que están a la orden del día. En relación con las preguntas que planteas ¿crees que la importancia del uso de las tecnologías en la educación, reside en aportar innovación y motivación al alumnado, o si más bien deberían incorporarse como un aspecto propio y vital de nuestro día a día?

  • Ángela Rodríguez

    Boas tardes Lucía! Persoalmente, a miña resposta ás túas preguntas é "si". Verdadeiramente, ao longo da miña escolaridade nunca empreguei as tecnoloxías máis alá de realizar tarefas específicas e, ao igual que ao comezo pode resultar emocionante, pasado un tempo deixa de ser algo novidoso. Non obstante, penso que debería buscarse a maneira de facelas atractivas e motivantes cada día, e este feito pasa por, primeiramente, motivar ao profesorado para a utilización das mesmas.

    Grazas pola túa aportación!

  • Ángela Rodríguez

    Boas tardes Loreto! Primeiramente, grazas pola túa aportación, pois non coñecía o dato de Islancia e paréceme moi interesante. Persoalmente, non creo que a introdución das novas tencoloxías esté relacionada coa innovación pois, como mencionei nalúns post anteriores, e como tamén se menciona no vídeo ao que fago alusión no post, que os colexios estén repletos de tecnoloxías non quere decir que se innove, pois nunha gran parte dos casos esta emprégase soamente como apoio á metodoloxía tradicional. 

    Posto que as tecnoloxías se converteron dende fai un tempo nun aspecto fundamental no noso día a día, creo que na escola se deberían introducir coa "naturalidade" que se merecen, e non como algo prohibitivo (como é o caso dos móbiles), ou que soamente se emprega en ocasións especiais e para determinadas tarefas. Porén, para que isto ocorra primeiro debe realizarse un cambio na metodoloxía, rompendo coa tradicional, e unha fomación específica do profesorado.