Fake news na Política

Fai uns días vin en Facebook un video que trataba sobre as Fake News e a contracampaña elaborada para desprestixiar ao partido político Podemos. Difundíronse en diversos medios de información e redes sociais cantidade de bulos que xogaban cos sentimentos e os medos dos cidadáns. Desta maneira a estratexia política de moda pasa a ser a manipulación dos cidadáns en base a mentiras para desprestixiar aos contrarios.

Indemendentemente da ideoloxía de cada un, e tendo en conta que non comparto este vídeo por estar dacordo ningún dos partidos que nel aparecen, que opinades de que existan perfís que reciben diñeiro a cambio de reproducir os bulos e as mentiras?

https://www.facebook.com/SpanishRevolution/videos/1716188308469963/

Comentarios

  • María Rodríguez Miguéns

    Boas noites Lucía, no meu último posto tamén fago alusión a unha noticia de índole política. Totalmente ao marxe da ideoloxía do concello ao que pertenzo, así como ás que se fan referencia no vídeo, penso que as noticias falsas non deben ser un recurso para desprestixiar a un partido político e, polo tantos, aos seus representantes.

    En canto á pregunta que plantexas, considero que deberían existir unha serie de filtros para poder identificar eses perfís e consecuentemente penalizar a expansión dos bulos, xa que chegan a gran parte da sociedade e  crean conflictos e enfrontamentos innecesarios. 

  • Lucía Blanco

    Boas noites rapazas!

    Chamoume a atención esta entrada polo feito de que no meu último post fago referencia tamén a difusión de bulos como estratexia política e, ademais, falo dun concepto moi similar ao que explicas ti na entrada, Lucía, o da verdade ilusoria, que quizá vos interese mirar as dúas porque ambos conceptos están moi relacionados.

    E con respecto a pregunta que propoñes considero que o feito de que existan persoas que se lucren economicamente a partires da difusión de mentiras e, en conclusión, manipulando á cidadanía a través de medios de comunicación masiva como son as redes sociais debería estar máis controlado porque ademais de difundir datos e información falsas, como ben di María, provocan conflitos innecesarios e que de difundir información verídica e de calidade non terían por que desenvolverse. Isto deixa ver como non só gobernan os políticos, senón que as grandes empresas e os medios de comunicación tamén teñen moito poder e que nós esteamos informadas non é algo que estes teñan como obxectivo principal. 

  • Lucía Rico

    Boas noites Lucía! Acabo de ver o teu comentario e busquei información sobre o termo da verdade ilusoria. Resultoume moi interesante, así que moitas grazas pola túa aportación! Un saúdo.