fake news

Por nara cid

Que complexa é a realidade!

En moitas ocasións a realidade supera a ficción,e nesta clase isto foi o que aconteceu. Sen dúbida os meus compañeiros de realizar as noticias falsas fixeron un gran traballo, pero as noticias verdadeiras, as reales , que saíron publicadas en medios ao alcance de todos, deixanme atónita e perplexa. Moitas veces rimonos ante este tipo de situacións , creendo que son froito da imaxinación de algún periodista gracioso ou inxenioso. Quero resaltar en especial a noticia referente a un cidadaán inglés, ao que un buscador lle recomendaba unha viaxe cunha escale de 47 anos. Esta claro que os medios informáticos son de gran axuda e en temas de viaxes facilitan o noso traballo, pero en ocasións como esta, refléxanos a capacidade e necesidade do factor humano.