Reflexión final

.

Chegamos ao fin de esta etapa, é hora de reflexionar sobre aquelo que estivemos facendo, deste novo método de traballo que este ano comezamos a utilizar, etc...

Posto que crearei unha páxina para ir reflexionando sobre todos e cada un dos aspectos de este blog ( textos, imaxes, vídeos, archivos, tweets, etc...), agora só direi que para min foi éste un método de traballo innovador, dinámico, pero sobretodo moi productivo. Quedoume mais que claro que elaborando a nosa propia aprendizaxe investigando para o noso coñecemento, reflexionando, comentando, etc...

Xa non só adquirimos coñecementos co que nós facemos, senón vendo o que foron facendo e elaborando todos os compañeiros, pois eles construíndo a súa aprendizaxe contribuíron tamén á creación da miña.

Espero que para todos e todas fora igual de gratificante este proceso de aprendizaxe do que o foi para min, que o meu blog vos servira igual que me serviu a min, e se vos apetece comentarme as vosas impresións sobre esto tamén estarei encantada.