Aprendizaxe conectado.

Durante as sesións desta semana xurdiu un debate sobre os conceptos do proceso ensinanza-aprendizaxe baixo un novo enfoque. Presentouse o novo espazo que ocupan as tecnoloxía e a súa influencia no proceso de aprendizaxe. 

Podemos dicir que as tecnoloxías supoñen un cambio na forma de aprender? Toda aprendizaxe implica un cambio significativo en calquera proceso, a partir do cal poderemos aplicar certos coñecementos posteriormente. Como ben é certo e se comentou na clase, a aprendizaxe non ten límites, simplemente depende do motor que a propicia é dicir, da propia motivación. 

A aprendizaxe é un proceso dinámico e en continuo movemento, onde os conceptos establecen nodos e conexións. Neste eido é onde ocupa gran relevancia a figura de George Siemens, un dos máximos defensores das teorías conectivistas en educación.  O conectivismo que defende Siemens postula a necesidade de afrontar os retos cognitivos dunha realidade cada vez máis complexa.

"A teoría do conectivismo céntrase en conectar paquetes de información especializada e determinar as relacións que nos permiten ampliar o noso grao actual de coñecemento"  (Rodríguez, 2018).

Como xa mencionei en publicacións anteriores, o coñecemento é o conxunto de información que atopamos, dispoñemos, seleccionamos, analizamos... Dito coñecemento establece relacións e conexións, polo que se conforma unha rede. Porén, a nosa capacidade de coñecer e conectar ideas e coñecemento determinará o noso nivel de aprendizaxe.

Finalmente, outro aspecto a ter en conta e que se mostra no artigo de Pablo Rogríguez é a necesidade que xorde desta realidade chamada conectivismo. Os docentes actuais deben afrontar esta realidade, a cal implica a necesidade de cultivar alumnos críticos que sexan capaces de crear e avaliar redes posto que como afirma Siemens "dar un dato e avaliar si o alumno non recorda non é válido nunha sociedade que precisa crear coñecemento"

 

 

- Rodríguez, P. (2012). Conectivismo: George Siemens y el aprendizaje en red. Recuperado de https://unpasomas.fundaciontelefonica.com/2012/10/18/conectivismo-george-siemens-y-el-aprendizaje-en-red/

- Foto: "Una red personal de aprendizaje".  La teoría del conectivismo en el aprendizaje de lenguas extranjeras. Fuente: http://goo.gl/s7lcpO