Os robots como axuda ou substitución?

Boas tardes a todos! Hoxe mentres estaba vendo as noticias saíu unha que me sorprendeu bastante e que me fixo reflexionar sobre un tema do que ultimamente se leva falando bastante: os robots. Esta noticia en concreto falaba sobre os robots de Boston Dynamics que xa facían “footing”, pois conseguiron que Atlas (nome do robot) corra en liso, en pendente e que supere obstáculos. Engadido a isto, Boston Dynamics creou un robot cuadrúpedo con apariencia de can que sabe orientarse, supera obstáculos, coloca os pratos no lavalouzas ou lévalle ao dono un refresco ao sofá. 

Todo isto non me sorprende demasiado xa que é incrible o que coa tecnoloxía se está chegando a crear.

Con relación a esta noticia no telexornal falaron dun supermercado online situado en Inglaterra que contaba con mil robots ou máquinas automatizadas que fan os pedidos. Necesitando así un persoal humano moi escaso, 200 persoas.

Na clase tamén falamos un día sobre o supermercado de Amazon, na que a intelixencia artificial e o pago cos móbiles é esencial.

Esta “invasión” dos robots e da tecnoloxía artificial está xerando moita controversia, moitas persoas dubidan se a súa creación ten como fin axudar aos humanos ou substituílos. Entre estas persoas tamén estou eu, a día de hoxe non teño claro se, por exemplo, os supermercados con robots, son moi positivos, pois a destrución ou diminución de empregos humanos é evidente.

En relación cos robots, un acontecemento que me sorprendeu moito foi o robot Sophia, fai pouco facíase viral o vídeo desta robot falando con Cristiano Ronaldo. Este vídeo chamou moito a miña atención, tratábase dun robot con apariencia humana que mantiña unha conversación co famoso xogador de fútbol. Sophia mantiña unha conversación fluída co deportista na que aportaba datos sobre a súa carreira profesional e contestaba preguntas que este lle facía.

A tecnoloxía cada día avanza máis e quen sabe se algún día estas máquinas chegaran a ter sentimentos como os humanos, para min isto é impensable, pero hai constancia de que algúns científicos (Arend Hintze) investigan este aspecto.

Como reflexión persoal, penso que o avance científico é fundamental para o desenvolvemento da sociedade pero, ata que punto estes avances son positivos? Estes robots poden chegar a axudarnos en algúns ámbitos das nosas vidas pero tamén poden chegar a substituírnos, o que me produce un pouco de medo e de rexeitamento. Porén, non teño toda a información necesaria para saber se  estes avances ao longo dos anos, nos proporcionarán unha vida mellor ou unha axuda necesaria aos seres humanos.

Coñeciades estes casos ou algún a maiores? Vós que opinades? Gustaríame saber máis opinións.

 

Aquí deixo a noticia sobre os robots de Boston Dynamics por se vos interesa:

http://www.elmundo.es/tecnologia/2018/05/11/5af54ac2e2704eec7c8b469c.html

Comentarios

  • Cristina López

    Muy interesante tu blog, Uxía! Desde mi punto de vista, la existencia de robots, así como de otras altas tecnologías, nos hacen progresar, pero...¿Hasta que punto esto nos beneficia?.

    Sin ir más lejos, ayer acudí a una de las tiendas de Inditex, y para pedir una talla o buscar alguna prenda, los trabajadores cuentan con un móvil, lo que les facilita la búsqueda y así no tienen que buscar esa prenda en toda la tienda. En este caso, me parece totalmente útil y eficaz, ya que reduce el tiempo de espera del cliente y facilita el propio trabajo de los empleados, pero, en otras ocasiones, considero que sustituyen al personal humano, lo cual a mí también me provoca rechazo y temor, por una posible reducción de oportunidades laborales en un futuro no muy lejano.

  • Uxía Adán

    Boas Cristina, estou totalmente de acordo con que moitos aparellos que se crean por medio da tecnoloxía son moi útiles e facilitannos o traballo. Penso que ata agora mesmo sen algúns destes aparellos non nos imaxinariamos como é o caso dos móbiles.
    O problema é cando estes aparellos en vez de axudarnos, son creados para facer o traballo dos humanos, aí é cando penso que é algo preocupante.
    Pero quen sabe se nun futuro os supermercados, por exemplo, son levados por robots e a ninguén lle pareza extraño.
    Moitas grazas polo teu comentario Cristina!

  • VanesaPais

    Boas Uxía! Pareceme moi interesante o que aquí comentas, pois nos últimos días saen numerosas noticias relacionadas co mundo robótico. Tal e como ti dis, a incorporación dos robots ao mundo laboral está causando preocupación entre os cidadáns, xa que supoñen a eliminación de postos de traballo. Pero dende o meu punto de vista, este é un cambio que non imos ser quen de frear, polo que a solución máis axeitada vai ser a adaptación a este novo mundo. Para isto vai ser indispensable que as propias empresas muden a súa concepción para introducir no mundo laboral robots e humanos que traballen conxuntamente, pois o robot tamén é un ser imperfecto que non ten un control total sobre todos os ámbitos. Penso que o mundo empresarial deberá ver aos robots como algo complementario e non como un elemento substitutivo, pois senón a nosa forma de vida tal e como a coñecemos hoxe en día non sería sostible.

    Por último, dicirche que se queres coñecer outros casos nos que os robots teñen un gran peso no día a día vexas a miña entrada sobre A intelixencia artificial, no que engadín unha reportaxe que creo que é moi interesante e sorprendente. 

  • Marta García

    Boas Uxía! Pareceme un tema moi interesante o tema dos robots xa que cada vez máis este son empregados en moitos sectores do mundo laboral o que preocupa aos cidadáns por unha posible perda dos postos de traballo. Dende o meu punto de vista, hai en moitos aspectos que é necesaria unha persoa para poder desenvolvelos polo que non podemos deixar que o mundo da robótica nos invada; senón que hai que buscar un equilibrio entre ambos.

  • Uxía Adán

    Ola chicas! Acabo de ver os vosos comentarios e quero darvos as gracias por ler e interesarvos pola entrada.

    E si, Vanesa, este cambio seguramente será imposible de frear e o máis probable e que teñamos que adaptarnos a convivir con estas novas tecnoloxías. E tal como di Marta hai que buscar o equilibrio. Porén ese equilibrio, na miña opinión, non é tan fácil como nos gustaría. Pois, por exemplo, no caso das persoas encargadas dos supermecados poderán estar moi de acordo cos robots na súa empresa por motivos económicos, en cambio os traballadores pode que estean totalmente en contra...

    Un saúdo a todas!