Ángela Rodríguez

Estudante de Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela

e- Learning, a formación do futuro

En relación ao anterior post, acerca das posibilidades de aprendizaxe a través de Youtube, gustaríame dedicar este post a un tema que foi mencionado na aula e polo cal xa me interesara anteriormente, e que, ademais, fai referencia a un novo modo de aprender: o e- Learning.

Fai un tempo, realizando un traballo académico, descubrín que moitas empresas que buscaban unha pedagoga ou pedagogo, pedían que o seu perfil profesional contase con coñecementos sobre e- Learning. Pero, a que se refire este concepto?

Dende o Centro de Formación Permanente da Universidade de Sevilla (s.f.) definen e-Learning como un proceso de ensinanza- aprendizaxe que se leva a cabo a través de Internet, caracterizado por unha separación física entre profesorado e estudantes, pero co predominio dunha comunicación a través da cal se leva a cabo unha interacción didáctica continuada. Ademais, o alumnado pasa a ser o centro da formación, ao ter que autoxestionar a súa aprendizaxe.

Este tipo de capacitación virtual permite a interacción do usuario co material mediante a utilización de diversas ferramentas informáticas. Este concepto educativo é unha revolucionaria modalidade de capacitación que posibilita Internet, e que hoxe se posiciona como a forma de capacitación do futuro (Internetya, 2018).

Entre as vantaxes máis destacables desde este novo modelo de educación virtual atópanse as seguintes: permite unha maior flexibilidades respecto ao método convencional da clase na aula, pois pode recibirse en calquera franxa horaria, fixar o alumnado o seu propio ritmo...; facilidade de acceso, pois só se precisa conexión a Internet; redución dos tempos de aprendizaxe, pois diversos estudos afirman que estes poden ser reducidos entre un 40% e 60%; aumento da retención dun 25%, segundo estudos experimentais, en contraste coa formación convencional; compatibilidade de actividades; comodidade, pois evita desprazamentos; posibilidade de actualización inmediata dos contidos do curso, podendo incorporarse calquera modificación en calquera momento, outorgando sempre información actualizada; redución de custes, podendo chegar a ser ata un 30% máis barato que a formación convencional; formación personalizada; é unha das súas grandes vantaxes; seguimento exhaustivo do proceso de formación (Internetya, 2018).

Porén, ao igual que todo, conta con certos inconvenientes que se deben ter presentes, tales como a dependencia da tecnoloxía, a falta de adaptación dos contidos ao medio de difusión; o posibilidade de empregar a plataforma de aprendizaxe como un simple “contenedor de materialis” ou a resistencia ao cambio, pois toda innovación produce reticencia (Universidad de Salamanca, s.f.).

Buscando información na rede, observei que moitas ofertas de cursos e- Learning eran ofrecidas de cara á capacitación de persoal de empresas, pero, podería ser factible na educación formal? Máis alá dos Máster online?

Sen dúbida, a aprendizaxe mudou, facéndoo tamén o contexto e os medios que empregamos. Xa existen novas formas de aprender, pois as conexións que Internet permite xenera procesos distintos; e posto que existen novas maneiras de aprender, tamén son precisas novas metodoloxías de ensinanza. Persoalmente, opino que de cara a realizar un aprendizaxe e- Learning é imprescindible unha gran motivación e constancia por parte dos usuarios, así como unha boa planificación e responsabilidade. 

Que opinades? Sodes partidarios do e-Learning? Realizastes algunha vez unha formación a través de Internet?

Documentación empregada:

Internet Ya. (2018, marzo 21) ¿Cuáles son las reades ventajas de la capacitción virtual? [mensaxe en blog]Recuperado de: https://www.internetya.co/las-10-principales-ventajas-del-e-learning/

Universidad de Salamanca. (s.f.) Ventajas e inconvenientes del eLearning [mensaxe en blog]. Recuperado de: http://antia.fis.usal.es/sharedir/TOL/introelearning/25_ventajas_e_inconvenientes_del_elearning.html

Centro de Formación Permanente. (s.f.). e- Learning. Denifición y características. Universidad de Sevilla. Recuperado de: http://www.cfp.us.es/e-learning-definicion-y-caracteristicas

Comentarios

  • Ángela González Villa

    Hola Ángela, en primeiro lugar,  darte as grazas polas túas interesantes aportacións, xa que a raíz do teu anterior post escribín un acerca do aprendizaxe a través das redes sociais, sería interesante que o viras para reflexionar sobre o mesmo e complementar a túa aprendizaxe!

    Por outro lado, considero e-learning unha importante forma de levar a cabo a aprendizaxe que se caracteriza, dende o meu punto de vista, principalemente, pola flexibilidade que aporta de tempo e espazo.

    Moita xente complementa os seus estudos de este modo, e considero que é unha importante fonte de aprendizaxe permanente e ao longo da vida.

    Sen embargo, pola miña experiencia, penso que é máis productivo o aprendizaxe presencial, sen embargo, apoio totalmente o e-learning. 

     

  • Ángela Rodríguez

    Boas Ángela! Pasareime a ler o teu post, alégrome de que as miñas aportacións che fixeran reflexionar sobre o tema!