Os Mooc

O outro día en clase falamos dos cursos Mooc, os cales suscitaron en min un gran interese, polo que decidín buscar información sobre eles e compartila convosco. Os Mooc son cursos online abertos ofertados polas mellores universidades do mundo. Considéranse o Top de Formación non regrada polos seus profesores, os seus contidos e a súa actualización constante. Ademais, este tipo de curso ofertan a posibilidade de obter certificados por un prezo bastante razoable (Mooc, 2018).

Como se indica na súa propia páxina web, Mooc é o acrónimo en ingles de Massive Online Open Courses (cursos online masivos e abertos). Estes, son resultado da evolución da educación aberta de internet.

No referido a súa historia, pódese dicir que comezan de forma máis ou menos intencionada no ano 2008. Neste ano, George Siemens e Stephen Dowens crearon o que podería considerarse o primeiro Mooc, e sorprendidos pola súa acollida decidiron ofertar máis cursos deste tipo.

Cabe facer referencia a que a gran forza dos Mooc reside na súa capacidade de unir nodos de coñecemento, dende unha concepción constructivista. Polo tanto, o cambio dende as plataformas educativas pechadas a contextos de aprendizaxe abertos supuxo a posibilidade de que miles de persoas de todo o mundo seguiran diferentes iniciativas educativas. Dado o auxe que tiveron, foron aparecendo iniciativas privadas, en colaboración con profesores de universidades prestixiosas, creándose, por exemplo, os Udacity y Coursera.

Finalmente, no referente as características dos Mooc, podemos dicir que estas son as seguintes:

  • Non ter limitación nas matriculacións.
  • Poder ser seguido online.
  • De carácter aberto e gratuíto, con materiais accesibles tamén gratuítos.

En conclusión, os Mooc permiten acceso libre e gratuíto ao coñecemento o que me parece de gran importancia posto que considero que todo coñecemento debe ser aberto e que este está ao alcance de todos na sociedade actual.

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS

Mooc (2018). Recuperado de: http://mooc.es/

Comentarios

  • Ángela González Villa

    Hola Noelia! Paréceme moi importante a túa apotación ca que como pedagogos debemos coñecer ferramentas online para levar a cabo a aprendizaxe, tal e como poden ser os MOOCS, sen embargo, dende o meu punto de vista considero máis adecuados para a contrucción  de aprendizaxe os PLE, estás de acordo conmigo?

    Por outro lado, recentemente escribín un post sobre o aprendizaxe a través das redes sociais, paréceme interesante para completar as túas reflexións!Un saúdo

  • Noelia Suárez

    Boas Ángela, 

    Considero que son cousas diferentes, por un lado os PLE son un conxunto de elementos que empregamos para o aprendizaxe persoal, mentres que os Mooc son cursos gratuítos. Podemos relacionar ambos, pois parafacer o teu propio PLE podes empregar os Mooc como ferramenta útil á hora de adquirir coñecementos. Neste punto, tamén podemos engadir como ferramenta para a adquisición de coñecementos, como ben dis, as redes sociais, e non só siso senón que tanén serven, por exemplo, na busca activa de emprego. Polo tanto, considero que todos estos eslementos son importantes e que se poden interrelacionar, sendo todos eles axeitados á hora de adquirir coñecementos.

    Grazas pola túa reflexión e aportación. Un saúdo e unha gran aperta!