Tecnoloxía e Aprendizaxe

Na pasada clase expositiva estivemos a falar sobre o concepto de aprendizaxe e as connotacións que lle atribuímos cada unha de nós. Ademais, reflexionamos sobre a transformación que pensamos que puido ter ao longo do tempo e sobre o papel que xogou a aparición dunha teoría do aprendizaxe conectivista. Polo tanto, gustaríame dar aquí a miña opinión sobre dúas preguntas que xurdiron durante a clase, que son as seguintes: A forma de aprender cambiou desde fai 20 ano?; As tecnoloxías que papel xogan neste cambio? .

A primeira delas, na miña opinión está moi vinculada ao cambio na ensinanza, pero nesta entrada non vou a dar conta deste tema, pois centrareime no mencionado anteriormente. Nestes últimos anos as metodoloxías de aprendizaxe mudaron, evolucionaron cara un método baseado no dinamismo, na creatividade, cubrindo as necesidades do alumnado que non responde a un sistema educativo ríxido no que non se ten en conta a diversidade. Este cambio xunto ao auxe que sufriron as novas tecnoloxías, propiciaron que as persoas puideran encontrar aquel recurso, aquel método que se axustara as súas necesidades, é dicir, permite que o estudantado seleccione a metodoloxía e o material máis axeitado ao seu estilo de aprendizaxe, influíndo mesmo na autonomía do rapaz ou rapaza, pois xa non dependen unicamente da figura do docente para adquirir aprendizaxes significativos. Ademais, o material empregado nos centros educativos cambiou, hai unha progresiva substitución do libro de texto e lapis por tablets, que permiten aos estudantes personalizar o seu aprendizaxe trasladándoo máis alá da aula, mellorar o seu rendemento académico, entendido no sentido máis amplo da palabra, e fomentar a participación e a motivación. Neste cambio tamén xogou un papel moi importante o xogo, máis concretamente, a dixitalización do xogo, un recurso moi efectivo a hora de crear un aprendizaxe significativo nunha persoa, teña a idade que teña. Polo tanto, pódese constatar que a entrada da tecnoloxía na educación tivo unha gran repercusión na forma na que aprendemos, pois fixo posible que unha persoa sexa protagonista do seu propio aprendizaxe. Tamén tivo un gran impacto na maneira na que nos comunicamos, na distribución do tempo e do espazo, etc.

En definitiva, pódese afirmar que o verdadeiro coñecemento, o verdadeiro aprendizaxe, xorde a través das actividades, a través dun cambio no rol do alumno e do profesor, dun papel do alumno/a como axente activo na adquisición de aprendizaxes. Pero todo isto é impensable se non se ten en conta a tecnoloxía como unha ferramenta de mellora. 

 

Resola,S.(5 de Diciembre 2017). Seis formas en las que la tecnología ha camiado la educación. El Mundo. Recuperado de: http://www.impulsodigital.elmundo.es/sociedad-inteligente/6-formas-en-las-que-la-tecnologia-ha-cambiado-la-educacion  

Comentarios

  • Marta García

    Hola Vanesa! Estou de acordo co que dis, xa que as metodoloxías foron cambiando ao longo dos anos como ben dis ti xa que é preciso que estas non sexan compactas e que s evaian adaptando as necesidades do alumnado. Pola contra, dicir que ainda hoxe en moitos centros non se emprega de forma axeitada as tecnoloxías coas que contan así como os materias que estas aporta, xa que en moitos centros contan cos libros dixitalizados e non fan emprego deste. 

    O que está claro é que a tecnoloxía é unha boa ferramenta para buscar unha mellora nas metodoloxías e na forma de traballo no ámbito educativo.

  • VanesaPais

    Boas Marta! É certo o que dis sobre o que dis que moitos centros teñen recursos tecnolóxicos e non os empregan, pero isto vai ligado ao que falamos moitas veces en clase, a falta de formación por parte dos docentes, en particular, e dos profesionais da educación en xeral. Por exemplo, na institución onde estiven como alumna en prácticas contaban cunha impresora 3D pero tiñana alí nunha esquina, poi só facía uso dela a mestra de Tecnoloxía que era quen a sabía empregar. De nada vale que a Xunta dote de recursos aos centros se primeiro non lle proporciona a formación axeitada aos docentes, que ao fin e ao cabo van ser que os teña que empregar.