Rede Social Vs Moodle

Na pasada sesión expositiva puidemos debater acerca das semellanzas e diferenzas existentes entre Stellae e o noso Campus Virtual, os cales nos ofrecen variadas maneiras de traballar, de relacionarnos, de compartir e de tratar os apuntamentos da aula.

Persoalmente, decántome por Stellae. O trato que lle damos a esta rede é menos pautado e menos formal, e a pesar de que isto non depende desa rede en si, senón de como se nos presentou a mesma, opino que nos ofrece unha maneira de traballar máis relaxada e que fomenta a participación.

Entre os aspectos máis positivos de Stellae, quero destacar en primeiro lugar que se establece unha relación horizontal entre o profesorado e o alumnado, podendo ambas partes facer as nosas aportacións e comunicarnos entre nós ao mesmo nivel. Non existe pois, unha xerarquía, senón que existe colaboración entre todas as usuarias. Por outra banda, os arquivos e os datos desta rede perduran no tempo, non se abre unha conta diferente ao comezo de cada curso, de maneira que é doado botar man de documentos doutros anos. Vexo tamén moi positiva a opción que dá Stellae de mandar mensaxes privadas, non só para comunicarse co profesorado, senón tamén entre o propio alumnado. Un aspecto que dinamiza bastante a rede é o Twitter, mensaxes curtas, claras e directas, que chamen a nosa atención e nos motiven na materia.

Logo desta pequena análise, e tendo en conta que estamos a piques de rematar as clases, quero dicir que para min foi moi positivo traballar con Stellae, podendo ver as aportacións das demais compañeiras, debater entre nós, subir arquivos e reflexións, etc. Desta maneira, sería interesante que noutras materias tivesen en conta esta rede de traballo, para dinamizar máis as clases e os traballos de aula, saíndose da meneira tradicional de traballar.

Comentarios

  • Tamara

    ¡Buenas noches Lucía!

    En primer lugar, gracias por tu publicación, me ha parecido muy interesante, ya que estoy completamente de acuerdo contigo.

    En segundo lugar, como tú bien dices, si comparamos la red social Stellae con nuestro Campus Virtual, sin ninguna duda esta red sale victoriosa. Además de fomentar la participación e intercambio de opiniones, considero que su organización y funcionamiento es más práctico y sencillo que el Campus Virtual, que en más de una ocasión nos ha provocado irritación por alguna entrega de trabajo, tarea, etc.

    Como tu bien puntualizas, es una red que “nos ofrece una manera de trabajar más relajaday por lo tanto, todo lo que nos facilite y nos haga más llevadero el trabajo en la carrera, se agradece.

    Finalmente, opino que el Campus Virtual tendría que ser actualizado o modernizado, para así poder ofrecer al alumnado y mismo al profesorado una forma de utilización y trabajo más adecuada.

    Un saludo.