Mooc VS cursos en liña

Boas! Aínda que xa remataran as clases seguimos por aquí chicxs.

Hoxe quería falar un pouco sobre os Mooc, dos que se falou na clase da semana anterior e dos que me quedei con gañas de investigar.

Algunha das compañeiras publicou algunha entrada sobre estes e pareceume moi interesante, por isto púxenme a investigar en profundidade sobre eles.

Os Mooc son definidos na súa páxina como cursos online masivos e abertos, estes créanse no 2008 cando George Siemens e Stephen Downes aparece o primeiro Mooc, que tivo unha acollida sorprendente.

Estes cursos son a evolución da educación aberta en internet, xa que con eles favorécese a divulgación e o acercamento da formación universitaria á revolución dixital.

Como xa dixen antes, algunha das compañeiras, en concreto Noelia publicou unha entrada na que explicaba as características destes, polo que no meu caso quero afondar noutros aspectos.

Cando falamos na clase sobre estes cursos a miña primeira pregunta foi que diferencia hai entre un Mooc e un curso en liña. Por iso hoxe decidín buscar un pouco sobre as diferenzas entres os dous:

  • No caso dos Mooc o entorno é aberto, a diferenza dos cursos en liña, onde o entorno é pechado.
  • O número de participantes é ilimitado nos Mooc, cando nos cursos é limitado.
  • O acceso aos Mooc é gratuíto, así como os materiais. Nos cursos en liña existe un acceso por pago.
  • A forma de interacción e comunicación nos Mooc, é diversa utilizándose ferramentas como as redes sociais. Nos cursos esta comunicación é mediante foros de debate, correo electrónico e chat.

Estas diferencias son as que máis me chamaron a atención e que me pareceron máis interesantes. Na miña opinión, os Mooc presentan vantaxes con respecto aos cursos e que creo que son moi positivas. Porén, algunhas das vantaxes traen consigo desvantaxes como é a gratuidade que implica que non se obteña un certificado oficial.

O caso destes cursos online gratuítos recordoume ao caso de Alexandra Elbakyan, no que debatemos sobre o coñecemento aberto a través dun xuízo. Un xuízo no que ao meu grupo lle tocara ser a acusación, unha situación complicada porque a maioría estabamos de acordo con Alexandra e co coñecemento aberto.

Reflexionando sobre todo o anterior, creo que a educación está evolucionando e con esta, a forma de coñecemento e información, polo que é preciso que exista un coñecemento aberto ao que todos poidan acceder.

Recapitulando un pouco, cando comezamos o curso, non sabía nin o que significaba o “coñecemento aberto” nin todo o que conlevaba, pero co paso das clases e dos debates realizados tanto na aula como por stellae, conseguín coñecelo e posicionarme dalgunha maneira sobre el.

 

Se queredes saber máis sobre os Mooc e os Cursos en liña, aquí deixo esta páxina:

https://www.workana.com/blog/freelanceando/diferencia-entre-mooc-curso-online/

Comentarios

  • Noelia Suárez

    Boas Uxía, pareceme moi interesante que compararas os Mooc cos cursos en liña, pois eu non sabía certamente as diferenzas. Eu son partidaria dos Mooc, pois como ben ti dis avogan por un coñecemento aberto (o cal tanto defendemos últimamente), pero a gran desvantaxa é o certificado, que sin él non che soen ter en consideración ese coñecemento obtido, a pesar de ser o mesmo que a persoa con certificado. 

    Por todo iso, considero que a sociedade séguese movendo porla economía e esta, ao mesmo tempo, xera desigualdade, como xa comentei nun post, polo que nos queda aínda un longo camiño para ter acceso ao coñecemento aberto na súa totalidade, aínda que os Mooc son un gran paso. 

    Moitas grazas por ler o meu post, e por seguir profundizando sobre este tema, pois permitíchesme completar os meus coñecementos sobre os Mooc.

    Un saúdo!!!