Ángela Rodríguez

Estudante de Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela

MOOC vs eLearning

A pesar de que xa rematamos as clases, non quería deixar de dedicar unha entrada no blog a un contido que, relacionado co meu anterior post, me pareceu moi interesante cando o falamos na aula: os Mooc.

A UAB define Mooc como o acrónimo en inglés de Massive Online Open Curses (Cursos Online Masivos Abiertos). É dicir, trátase dun curso a distancia, accesible por Internet, ao que se pode apuntar calquera persoa e practicamente non ten límites de participantes. 

Buscando información na rede sobre este tema, atopeime cun vídeo da UNED (2013) titulado "¿Que son los Mooc?", o cal, persoalmente, me parece que explica de xeito claro e completo que son e que características teñen estas plataformas. Déixovos o link a continuación:

Neste, o que máis me chamou a atención foi o seguinte: dise que supoñen un cambio drástico no panorama educativo, pois son totalmente participativos, existe unha interacción permanente entre os membros que realizan o curso, apoiándose nas ferramentas que lles facilitan as Redes Sociais, escribindo cada participante os seus propios posttweets, blogs... que comparten co resto da comunidade. Así, os participantes crean redes de aprendizaxe permanente, permitindo un aprendizaxe continuo. Non existe a figura de profesor, senon de dinamizador, pois é a comunidade a que soluciona dúbidas e retroalimenta as necesidades. Ademais, é a comunidade a que avalía, podendo realizarse unha avaliación entre pares. Cada alumno marca as súas pautas de traballo segundo o ritmo de aprendizaxe. 

Unha vez entendido que son os Mooc, a pregunta é: que diferencia os Mooc do e-Learning do que falei no post anterior? Nun primeiero momento pensei que eran case o mesmo, ou que terían características moi similares; pero Ignacio G.R. Gavilán sinala sete diferencias entre ambos: a primeira delas é que, mentras o eLearning emprega unha plataforma LMS, xestionada por unha institución educativa, o Mooc adoita empregar plataformas abertas como social media, aínda que tamén as LMS. A segunda das diferencias é a necesidade de habilidades dixitais por parte do alumnado dos Mooc, que lle permitan moverse pola social media. A terceira delas é a referida ao tamaño dos grupos, pois mentres os Mooc, como o seu nome indica, son masivos, dirixidos a todos os que desexen acceder a eles; as eLearning, como xa dicía no post anterior, adoitan empregarse, por exemplo, para dar un curso nunha empresa, polo que os participantes son limitados. Unha cuarta diferencia é a relacionada aos modelos de certificación, pois mentres no eLearning as certificacións son outorgadas por unha institución educativa, os Mooc exploran novas formas como os badges, acreditacións vocacionais, etc. A quinta diferencia fai referencia ao papel do docente, pois mentres no eLearning este séguese atopando no centro da actividade como emisor de coñecemento, nos Mooc é un mero facilitador, como un axudante do estudante. A sexta diferencia é o papel do estudante, pois nos Mooc a aprendizaxe é responsabilidade deste, non do instructor. Por último, a séptima diferencia é unha maior curiosidade e compromiso que xenera os Mooc nos estudantes, o que provoca unha relación máis natural co entorno  on line de aprendizaxe. 

Para concluir, destacar o carácter novedoso e cambiando dos Mooc, que, como di Ignacio G.R. Gavilanes, pode non ser máis que o reflexo dixital dunha realidade pedagóxica cambiante que avanza cara modelos máis interactivos e centrados nos estudantes, nos cales este regula a súa aprendizaxe seguindo as súas propias estratexias. Persoalmente, atopo os Mooc como espazos de aprendizaxe moi interesantes e que se adaptan ao novo modelo educativo que está xurdindo e cada vez é máis demandando pola sociedade de todo o mundo, permitindo seguir o ritmo persoal de aprendizaxe e que, tal e como ocorre en Stellae, nos permita autoavaliarnos e completar unhas informacións con outroas, permitindo crear tamén unha intelixencia colectiva. 

Documentación empregada:

UAB (s.f.) ¿Qué es un curso MOOC? Recuperado de: http://www.uab.cat/web/estudiar/mooc/-que-es-un-curso-mooc-1345668281247.html

Gavilán I.G.R. (2015, decembro 2). MOOC frende a eLearning tradicional: encuentra las siete diferencias. Recuperado de: https://aunclicdelastic.blogthinkbig.com/mooc-frente-a-elearning-tradicional-encuentra-las-siete-diferencias/

    Comentarios

    • Noelia Suárez

      Boas Ángela, tamén eu falei dos Mooc con anterioridade, aínda que o teu post resúltame moi completo. Quería decirte, que considero interesante a túa comparación cos cursos e-learning, cuxas diferenzas son moi similares as que mostrou Uxía no seu post Mooc VS cursos en liña, o cal te recomendo que leas pois aporta un enfoque moi similar ao teu e que te podería axudar a completar o teu coñecemento sobre este tema.

      Con todo, decirte que grazas a que cada unha de nos aporta algo novo puiden ir conformando unha visón máis global sobre os Mooc que por min mesma non había conseguido.

      Un bico, e ánimo co que queda de curso. 

    • Ángela Rodríguez

      Hola Noelia! Grazas pola túa aportación, pasareime a ler o post de Uxía e o teu para ter máis coñecemento sobre o tema. 

      Moitas grazas e igualmente!!