Reflexión collage-mural.

Durante o desenvolvemento da derradeira sesión de Tecnoloxía Educativa levouse a cabo a realización dunha tarefa grupal,a cal resultou ser unha proposta moi dinámica e interesante.

Concretamente é preciso puntualizar no referido á realización sobre a actividade número 4, a cal consistía na creación dun collage de forma colaborativa por grupos para obter unha visión xeral sobre o obxecto e contido de dita materia.

A miña reflexión persoal sobre o resultado acadado foi que Tecnoloxía Educativa é un ámbito moi diverso e complexo que está en constante crecemento e transformación.

En dito collage douse conta do obxecto da Tecnoloxía non como ferramenta meramente dita, senón tamén como o conxunto de coñecemento e capacidades que se desenvolven para facilitar e contribuir as posibles necesidades e resolución de problemas.

En síntese, trátase  dun fenómeno que ocupa a maioría de espazos no noso día a día e que, progresivamente, continúe ampliando e innovando o resto de lugares para mellorar e enriquecer o noso ritmo de de vida.

Compre salientar a dinámica desta actividade, a cal fomenta hábitos de traballo colaborativo de varios grupos, o que proporciona riqueza de contido ao establecer diversos puntos de vista sobre un mesmo tema.