EDUPUNK - FÁGAO VOSTEDE MESMO

No trascorrir das últimas clases unha vez máis, un novo concepto chegou ós meus oídos: EDUPUNK, algo do que nunca antes escoitara falar e polo tanto tampouco tiña coñecemento del, feito que espertou a miña curiosidade porque querer saber de que estamos falando ó empregar este concepto.

Pois ben, foi a través de varias consultas de búsqueda pola rede e logo de ver as impresións dalgúns blogueros expertos en TICs aplicadas ó ámbito da educación sobre este novedoso termo, como cheguei a conclusión de que sen dúbida estamos falando dunha nova forma de entender o proceso de ensinanza-aprendizaxe, polo tanto unha nova ideoloxía ou filosofía relativa a E-A.

Non é fácil definir  EDUPUNK, pois é un concepto de recenté vida en Internet, pero que xa identifica unha serie de actitudes, comunidades e usos da tecnoloxía que son tan antigos como a propia Internet.  Tendo isto en conta pódese dicir, a grandes rasgos que, EDUPUNK é unha aproximación ás prácticas da ensinanza-aprendizaxe baseada nunha actitude “Fagao vostede mesmo”, polo que o termo en sí describe un tipo de ensinanza inventiva e aprendizaxe inventiva.

Tomando como referencia ó propio autor que acuñou o termo Jim Groow, o EDUPUNK está “centrado no estudante, na variedade de fontes, na inventiva, na creación par a par  máis que corporativamente”.

Disto extraio que, o papel do EDUPUNK debe ser que cada quen cree o seu propio proceso de aprendizaxe, empregando todos aqueles materiais que teñamos ó noso alcance, para avanzar así na construcción do propio coñecemento

Entendo entón que o EDUPUNK é unha filosofía de traballo e adquisición de aprendizaxe por parte do estudante en constante movemento, pois os coñecementos non son estáticos, senón que tamén evolucionan e se transforman co paso do tempo. Pero á vez EDUPUNK tamén é unha comunidade de xente colaborando entre pares para aprender e pensar por si mesmos, que emprega a tecnoloxía porque sen dúbida, é a mellor ferramenta para compartir, intercambiar e xerar coñecemento.

 Agora ben esta xa denominada filosofía de aprendizaxe, debe sustentarse nunha serie de principios que lle dean corpo e sentido. Isto aparece recollido no Manifesto EDUPUNK que a continuación expoño:

-          As clases son conversacións.

-          A relación é dinámica e a dinámica é relacional

-          Sexa hipertextual e multilineal, heteroxéneo e heterodoxo

-          Edupunk non é o que pasa na aula, é o mundo na aula

-          Sexa como o caminante...faga camiño ao andar

-          Sexa mediador e non medidor do coñecemento

-          Rómpase a cabeza para crear roles na súa comisión, cando os cree, rómpalles a cabeza

-          Os seus roles deben ser emerxentes, polivalentes, invisibles

-          Asuma o cambio, é só unha cuestión de actitude

-           Séntase parte dun traballo colectivo

-          Non sexa unha TV, interpele realmente os que o rodean

-          Expanda a súa mensaxe, faga estalar as catro paredes que o rodean

-          Mesture, copiese, apropiese, pescude, xogue, transfórmese, faga, derrapaxe

-          Ao carallo coa oposición real/virtual

-          Sen colaboración, a educación é unha ficción

-          Sexa un actor no seu ámbito, investigue a través da acción

-          Fágao vostede mismo...pero tamén e esencialmente, fágao con outros

-          Sexa Edupunk, destrúa estas regras, cree as súas e logo, destrúaas.

Persoalmente, unha vez sei do que estamos a falar co EDUPUNK non me cabe dúbida de que se trata dun novo escenario de traballo  e de aprendizaxe que dalgún xeito leva implícito o compromiso, esixencia e sobre todo a vontade por querer que os feitos e cousas cambien, se transformen e xeren un valor real para as persoas.

A través do EDUPUNK son as persoas as que deseñan, desenvolven e logo destrúen o seu propio proceso de aprendizaxe, exercendo así a liberdade de aprender, axudándose das ferramentas tecnolóxicas que o estudante considere necesarias, facendo que nazan novos roles tanto para a persoa que crea e comparte coñecemento, como para o profesorado, cando actúa como facilitador, consultou, moderador e inclusive como deseñador.

A confluencia de todos estes factores fan posible a aprendizaxe reflexiva, capaz de exercitar o propio pensamento crítico na vez de só limitarse a ensinarnos a xulgar e avaliar, polo tanto tamén axuda a desenvolver a capacidade creativa e imaxinativa.

Para min, aínda supón ser un concepto confuso, que chama o meu interese pero que, como sempre, o medo ó descoñecido fai que me sinta algo reticente a esta nova filosofía.

FONTES EMPREGADAS:

http://es.wikipedia.org/wiki/Edupunk

http://ticsunivo.blogspot.com.es/2011/03/edupunk.html

http://martinsantos.com.ar/2008/09/16/edupunk-profundizando/

http://educyweb20.blogspot.com.es/2010/07/que-es-el-edupunk.html