Un pouco de cibereducación, por favor.

Esta semana saía en La Voz de Galicia unha noticia que xa de primeiras chamou a miña atención: Un pouco de cibereducación, por favor?

A primeira pregunta que me veu a mente ao ler o titular foi, todo vale na rede? Estamos exentas de ter bos modais como os teriamos na rúa, cara a cara? O certo é que non, deberiamos actuar da mesma maneira na vida real que nas redes sociais, xa que estamos de igual maneira tratando con outras persoas e estamos a proxectar da mesma maneira unha imaxe sobre nós mesmas.

Dentro das redes sociais debe haber unhas normas de convivenvia mínimas para que exista un clima agradable, lonxe de comentarios atacantes, imaxes e videos ofensivos ou mesmo insultos. De igual maneira que condenamos unha mentira cara a cara, un comentario subido de tono, a ausencia das grazas e o por favor, por que lle damos menos importancia cando sucede nas redes sociais?

Aquí vos deixo o enlace para a noticia, por se a alguén lle resulta de interese:

https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2018/05/15/span-langgl-pouco-cibereducacion-favorspan/00031526342378445626584.htm

Comentarios

  • Ángela Rodríguez

    Boas Lucía! Estou completamente de acorodo coa túa opinión, e paréceme un tema moi importante que se debería tratar, non só cos máis pequenos, senón tamén coa xente adulta.

    Como usuaria das redes sociais, vexo nestas a diario insultos ou vexacións, e moitas veces pregúntome: a este/a individuo/a non lle ensinarían educación na casa? Faría e diría o mesmo se tivese á outra persoa diante fisicamente? Sen dúbida a cortesía no mundo dixital (como din na noticia á que fas referencia) segue sendo, en moitos casos, un tema pendente, o cal penso que se debería tamén abordar dende a aula á fin de establecer unha convivencia dixital agradable e respetuosa para todas e todos, sen restarlle importancia en ningún momento.

    Un saúdo!!

  • Lucía Rico

    Ola Ángela, vexo que máis xente observa esta necesidade de cortesía nas redes sociais! Persoalmente, penso que o feito de estar detrás dunha pantalla, sen contacto directo coas persoas ás que nos diriximos, fai que pensemos que hai anonimato e que non carrexará consecuencias a nosa actitude. Pero sendo os memos cara a cara que diante da pantalla, as normas de conducta deberían ser as mesmas en ambos casos.

    Comparto contigo o sentimento de que sería bo que esto se tratase na aula, á par que se traballan as competencias TIC e a alfabetización dixital.

    Un saúdo!