Traballo en equipo.

Por VanesaPais

Na última clase da materia de Tecnoloxía educativa realizamos diversas tarefas que precisaron unha implicación e unha participación activa pola nosa parte. Entre todas as actividades que levamos a cabo, debo destacar unha en particular, a elaboración dun collage entre todo o grupo-clase sobre a concepción que temos da tecnoloxía educativa. As connotacións que lle atribuímos, en xeral, son moi semellantes, porén, resultoume moi curiosa a elección dunha imaxe en concreto por parte dunha das miñas compañeiras, unha representación das vías dun metro, moitas quedáronse estrañadas ante esta elección pois parece que isto non é algo novedoso, é dicir, está asimilado pola sociedade como un elemento máis do noso día a día. Pero dende o meu punto de vista, isto pode estar liagado a que non en todos os puntos do territorio contan con esta tecnoloxía, como pode ocorre nas zonas que están afastadas das grandes cidades. Estas persoas, como é o meu caso, a chegada do metro, ou mesmo do tren ata a miña vila é algo completamente novedoso, xa que aínda que se coñece a súa existencia non está ao alcance de toda a sociedade. A partir de todo isto, véuseme unha frase a cabeza que para min resume todas as imaxes e frases que estaban no collage: A tecnoloxía, un elemento máis das nosas vidas que temos que aprender a empregar dun xeito adecuado.