Videoxogos "violentos"

Ultimamente estase a falar bastante sobre a influencia dos videoxogos “violentos” na vida das persoas e sobre todo na dos máis pequenos. Pareceume moi interesante este tema debido a que a tecnoloxía tamén trouxo consigo unha nova forma de ocio como son os videoxogos. Un ocio que afecta na formación dos menores e que debemos coñecer. 

Este debate resurxiu cando o presidente dos EEUU relacionaba os videoxogos violentos coa matanza nun instituto do país. Segundo a noticia publicada en La Vanguardia estas insinuacións foron rebatidas por expertos do tema como Christopher Ferguson (profesor da Universidade de Stetson e doutor en Psicoloxía Aplicada) que afirma que estes videoxogos non son unha fábrica de asasinos nin converten en máis agresivos aos que o consumen.

Nesta noticia non se fala dunha idade concreta, menciónanse estudos realizados con xogadores pero en ningún momento se especifica este dato. Penso que os estudos están realizados con usuarios maiores de 18 anos, debido a que estes videoxogos “en teoría” só poden ser utilizados por estas persoas, aínda que na práctica isto non se soe cumprir.

Eu non teño o coñecemento suficiente para afirmar que estes videoxogos poden afectar as persoas que xogan a eles, pero si creo que non son positivos para certas idades.

Captura de pantalla 2018-05-20 a las 15.34.28.png

Cando estaba no período de prácticas tivemos un problema cun dos usuarios debido ao consumo deste tipo de videoxogos, en concreto co GTA (Grand Theft Auto), un videoxogo que combina acción, aventura, modo rol e no que a violencia, as armas e os delitos son protagonistas. O usuario non tiña máis de 13 anos e na súa casa non dispoñía deste videoxogo, pero a través de internet accedía a vídeos sobre el. Isto estaba desencadeando un comportamento máis agresivo sumado a unhas preferencias de ocio e un vocabulario que non era acorde para a súa idade.

Ao coñecer de onde viña o problema comezamos a investigar como podíamos reconducir esta situación, pois non era cuestión de retirarlle o xogo, xa que non o posuía. Por isto, decidimos comezar a ensinarlle outro tipo de videoxogos que non coñecía e que fosen para a súa idade á vez que educativos. Videoxogos que o motivasen e que lle agradasen para substituir ao GTA.

Isto só é un exemplo do que na actualidade vivimos, como reflexión persoal, creo que agora mesmo os máis pequenos críanse rodeados de videoxogos, vídeos ou películas nas que hai unha extrema violencia. A maioría cunha restrición de idades que non se cumpre.

Non quero dicir que os culpables sexan os creadores destes videoxogos, pois se os adultos deciden mercalos e consumilos, están no seu dereito. Porén, penso que si deberían restrinxir a súa publicidade tanto nos medios como cando se fai por medio de “influencers” que suben vídeos aos que calquera menor pode acceder.

Ademais disto penso que é fundamental o papel dos proxenitores que deben de controlar que consumen os seus fillos e educalos nun consumo adecuado a súa idade.

Gustaríame coñecer máis opinións sobre este tipo de videoxogos. Vós que pensades?

 

Ricou, J. (9 de mayo de 2018). Los videojuegos violentos no fabrican asesinos. La Vanguardia. Recuperado de http://www.lavanguardia.com/vida/20180409/442360756637/videojuegos-violencia-agresividad.html

Comentarios

  • Estefanía Muiño

    Hola Uxia! 

    Me parece muy interesante que compartas con nosotros una experiencia real que te sucedió durante las prácticas con este tema, ya que así se puede ver que es algo que realmente ocurre en la actualidad y en nuestro futuro ámbito laboral.  

    Me uno a tu opinión sobre que este tipo de juegos deberían estar de alguna manera más restringidos para los niños/as de ciertas edades en las que todo lo de su alrededor resulta una influencia y este tipo de videojuegos no suponen la mejor opción. Optaría también por esa restrinción de las edades en este tipo de videojuegos ya que, si así lo desean, podrán acceder a ellos con edades más posteriores y siendo menos vulnerables a su posible influencia. 

    Considero, como mencionas, que es muy importante la función de los padres en el tipo de consumo que hagan sus hijos/as de los videojuegos y demás, pero también por parte de la publicidad que a estos se les hace y la responsabilidad que tienen. Por otro lado, creo que hoy en día se incrementa cada vez más poder controlar el tipo de contenido que se consume dada las facilidades para acceder a el como ocurría en el caso del joven que mencionas. 

    El ocio de los niños/as, sobre todo en cortas edades, debe ser algo que no les produzca influencias negativas.

    Gracias por compartir tu experiencia!

     

  • Uxía Adán

    Boas Fanny! Moitas gracias polo teu comentario e por pararte a ler a miña entrada.

    Gustame saber que a nosa opinión, no que respecta aos videoxogos violentos, é moi semellante. Considerando que a restrición por idades é fundamental cando falamos deste tipo de ocio e dos menores. 

    Igual ca ti, penso que os nenos deben consumir un ocio que teña influencias positivas e non negativas, pois estes xogos nos que prima a violencia, non son adecuados para certas idades nas que os menores ainda non teñen formada a súa personalidade e son moi influenciables.

    Un saúdo!!

  • Yaiza

    Hola a tod@s!

    He leído vuestros comentarios y no puedo estar más de acuerdo, ya que no deberían jugar ni ver videos los niños tan pequeños sobre escenas tan violentas. Aún así me gustaría plantear otra forma de verlo. 

    En este juego se encuentra especificado en la parte posterior que es para mayores de 18 años. Con esto quiero decir que los padres ya saben que no deberían comprarles estos juegos a sus hijos menores de edad, aún así lo hacen sabiendo perfectamente de que va el juego, puesto que como tu dijiste en la televisión en los anuncios ya concretan de que puede tratar. De esta forma la culpa de comportamientos violentos a raíz de los juegos es culpa de los padres que lo permiten.

    En tu caso se trata de que aunque no tenga el juego entre manos puede disponer de páginas web que permiten ver vídeos de tal juego. De esta forma se tendría que reivindicar la responsabilidad de los padres a la hora de saber a que páginas acceden sus hijos y que contenido tienen los vídeos que ven. 

    La culpa no es del niño/a que ve esas escenas, sino de los padres que lo permiten. 

    Un saludo!

  • Carla Codeseda

    Hola, chicas!

    Bueno, la verdad esque yo también estoy de acuerdo con lo que decis las tres y es obvio que la mayor responsabilidad está en los padres, aunque dudo que lo hagan de una manera consciente. Pienso que hoy en día aún no se es consciente del efecto que pueden causar elementos como los videojuegos y aunque sí se recomienda para mayores de 18 años, los padres no lo ven como algo dañino o perjudicial para la salud, por lo que no prohiben la compra de estos. Para ello pienso que se debería concienciar sobre los efectos psicológicos que estos pueden causar, pues hay mil estudios que lo avalan, que por cierto os voy a dejar el enlace a uno que me parece muy interesante, pero ninguno de estos estudios tienen la trascendencia que merecen por lo que tanto los individuos como los padres de los mismos no son conscientes de los cambios que estos pueden producir en el cerebro. 

    Un saludo chicas y muy buen post!!

    P.D: os dejo aquí el anlace al estudio del Dr. Vincent Matthews sobre "El efecto de los vídeojuegos violentos en nuestro cerebro": https://www.psyciencia.com/el-efecto-de-los-videojuegos-en-nuestro-cerebro/

     

  • Andrea Balseiro Ferreiros

    Moi boas compañeiras!

    Antes de nada gustariame felicitarte Uxía, pois pareceme moi importante o post que estás a poñer enriba da mesa, e sobre o que nos estás a proporcionar unha gran información.

    Dito isto, estou totalmente de acordo cas opinións de cada unha de vos, pois os videoxogos en vez de manter a disociación en obxetos bos e malos, axudan a integrar os sentimentos ambivalentes. Por isto, estes poden manifestar unha serie de comportamentos fortes, sobre todo nos máis pequenos, os cales son máis vulnerables aos cambios. As manifestacións conductuales van desde a ansiedade, pasando pola rabia e frustración, remantando en estados emocionais (tales como a euforia).

    Dito isto, o correcto sería que os xogos deberían de poderse disfrutar con moderación, e sobre todo, elixindo en cada momento o máis adecuado para a idade e desenvolvemento dos pequenos. 

    Moi interesante. Un saúdo!