A comunicación dixital

Soemos escoitar ou ler sobre o importante que é manter unha boa comunicación, xa sexa no ámbito familiar, laboral ou social. Pero, temos en conta todo o que leva o proceso de comunicación?

A comunicación é o proceso de transmisión e recepción de ideas, información e mensaxes. O feito de comunicar é un proceso complexo no que dúas ou máis persoas se relacionan e, a través dun intercambio de mensaxes con códigos similares, tratan de comprenderse e influírse de maneira que os seus obxectivos sexan aceptados na maneira prevista, empregando un canal que actúa de soporte na transmisión da información. Neste feito interveñen diversos elementos que poidan facilitar ou dificultar o proceso.

A comunicación é de vital importancia para suscitar as nosas potencialidades, xa que é un elemento esencial para o desenvolvemento e a convivencia dunha sociedade. Non sempre atopamos as palabras precisas, a maneira de facernos entender ou de transmitir aquelo que desexamos transmitir, incluso de transformar en palabras o que pensamos ou sentimos.

Actualmente é importante falar da comunicación dixital xa que nos permite actualizarnos e informar dunha maneira máis rápida. Vivimos na era da tecnoloxía, na que a maneira na que nos comunicamos cambiou drasticamente. A comunicación dixital leva primeiramente, a dixitalización dos soportes de información, despois da súa integración nun entorno que permite a súa difusión, e por último, un repertorio de estratexias que deben atender a unha ou a un conxunto de finalidades dentro dun plan de acción.

 A era dixital apoderouse da dependencia dos seres humanos, xa que nos facilita un montón de cousas, como pode ser que o computador nos corrixa ás faltas de ortografía nun texto. Pero a gran vantaxe da comunicación dixital é a rapidez para poder informar e comunicarnos a pesares das grandes distancias que existan, a través das redes sociais.

Déixovos este vídeo onde explica brevemente a evolución da comunicación.

 

Referencias bibliográficas:

Delgado J.L. (s.f.). El poder de la comunicación digital como herramienta de gestión. [Mensaje de un blog]. Recuperado de: http://www.suonacomunicacion.com/blog-noticias/283-poder-comunicacion-digital-empresas

Reyes M. (2016). Comunicación digital: la importancia de la implementanción. Recuperado de: https://es.linkedin.com/pulse/comunicaci%C3%B3n-digital-la-importancia-de-implementaci%C3%B3n-reyes-rojas

Comentarios

  • Sonia Tarrío

    Hola Marta! Paréceme moi interesante e importante a idea que aquí presentas debido ao gran alcance  que están a conseguir as novas posibilidades de levar a cabo o proceso de ensinanza-aprendizaxe mediante o ámbito tecnolóxico.

    Gustaríame puntualizar sobre o concepto que mencionaches sobre a corrección ortográfica de forma automática especialmente nas escolas, posto que cada vez en maior medida o desenvolvemento das clases e do propio proceso de aprendizaxe ten lugar dentro das pantallas dos ordenadores portátiles de cada alumno/a. En referencia a garantir índices de calidade educativa considero que ante esta realidade se deben establecer medidas que eviten esta problemática ortográfica. Por exemplo, sería interesante establecer un espazo para actividades de mecanografía ou incluso trasladar as famosas actividades de lecto-escritura dos cadernos ao formato dixital.

    A comunicación dixital está acadando multitude de espazos: e-books, tablets, smartphones, ordenadores.. sempre diante e sobre unha pantalla dixital. Será o fin do lápiz e papel?

    Un saúdo!

  • Marta

    Boas tardes Sonia!

    Estou de acordo coa túa opinión. Creo, como ben ti dis, que establecer un espazo para actividades de mecanografía en formato dixital axudaría a mellorar a calidade da escritura do alumnado que cada vez é máis pobre, así como o vocabulario debido a falta de lectura por parte deste colectivo. 

    Respondendo a túa pregunta, non creo que sexa o fin do lápiz e papel. Aínda que a comunicación dixital estea dando pasos axigantados, este método continuará, xa que entre as nosas funcións como pedagogos/as será promover o seu emprego, sinalando que se poden compatibilizar ambos métodos perfectamente.

    Un saúdo, e moitas gracias polo teu comentario!