Stellae Vs. Moodle

Nunha das pasadas sesións expositivas da materia, abriuse un interesante debate sobre as diferenzas e semellanzas que existen entre Stellae e o Campus Virtual, duas ferramentas que nos permiten acceder a información necesaria, ademais de compartir todos os coñecementos que desexemos. 

A maior parte da aula decantóuse pola rede social Stellae, debido á comodidade que amosa. Persoalmente, opino o mesmo que o resto da clase, xa que a pesar que ser totalmente descoñecida para min previamente, xa que me resulta fácil o seu manexo e moi cómoda á hora de plasmar os coñecementos.

Algúns dos aspectos máis relevantes que ofrece Stellae son a fantástica organización da páxina, é dicir, a comodida que ofrece á hora do seu manexo. Permite compartir archivos visuais e información para así informar aos compañeiros, o que fomenta un aprendizaxe continuo. A linguaxe que se emprega na rede non é técnica, polo que permite expoñer a opinión persoal de todo o alumnado. Deste xeito, tamén se ofrece unha comunicación máis directa co profesorado e co alumnado, coducindo así aos debates nas propias publicacións a través de comentarios. 

Estes son soamente algúns dos aspectos máis relevantes que me suxire a rede social da que estamos a falar. Por isto me sinto moi afortunada de poder coñecer outro espazo no que compartir novos coñecementos e recoller información  nova para min grazas ás aportacións dos meus compañeiros. 

Pensades que sería interesante traballar deste xeito e mediante a rede Social Stellae noutras materias?