Conectivismo

Nunha das derradeiras expositivas da materia falamos sobre as teorías do aprendizaxe. Máis concretamente da teoría do conectivismo, a cal se vai desenvolvendo á vez que as novas tecnoloxías na educación.

O conectivismo, impulsado por Geoge Siemens e Stephen Downes, é a integración dos principios explorados polo caos da rede e a complexidade das teorías da auto-organización. O aprendizaxe é un proceso. Esta teoría promove o aprendizaxe na rede, innova estratexias pedagóxicas, fai uso das redes sociais e maximiza o emprego das tecnoloxías.   

Por outra banda, o aprendizaxe para o conectivismo é proceso productivo e un producto social, capaz de lograr aprendizaxes significativos. Deste xeito, o conectivismo recoñece que na sociedade o aprendizaxe deixou de ser unha actividade interna e individual, polo que propón unha amplo abanico de habilidades de aprnedizaxe e unha serie de tarefas necesarias para que os educandos se sintan cómodos na era dixital. 

Polo tanto, o conectivismo é unha teoría moi sinxela pero, á vez, moi complexa, xa que nos impulsa a indagar e reflexionar sobre as prácticas educativas actuais. 

Pensades que esta teoría só nos aporta bonefcios ou tamén presenta prexuízos?

A continuación déixovos un vídeo moi curto no se explica á perfección as características máis comúns da teoría da que estamos a falar. 

Bibliografía:

Gutiérrez, L. (2012). Conectivismo como teoría de aprendizaje: conceptos ideas y posibles limitaciones. P. 111-112. Recuperado de: https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/4169414.pdf