Stellae ou Moodle?

Por nara cid

Bo día. Quero falarvos dun tema que debatimos  na clase e que na miña opinión, tiñamos todos unha idea bastante extendida. Que consideramos mellor, de máis utilidade e con mellor diseño, Stellae ou o Campus Virtual?

As diferenzas e semellanzas para alumnos  que empregamos estas dúas plataformas case a diario poderíamos dicir que son obvias; segundo o meu criterio, Stellae destaca por a fantastica e dinámica organización e diseño, todo é moi visual e gráfico, facilitando o seu uso;  a diferenza do Campus virtual, este non ten unha linguaxe tan técnica que en moitas ocasións da pé a confusións ou dificultan o seu uso.

O máis positivo e innovador que ten Stellae e do que carece o Campus Virtual é sen dúbida a opción de poder compartir opinións persoais de diversos temas elexidos por os alumnos, é dicir, temas que nos interesen , dos que teñamos inquedanza ou estén ao orde do día, e non contidos limitados, pautados e guiados polos docentes que en moitas ocasións, realizamos por obriga.

Outra das cualidades de Stella e  relacionadas co anterior, é a posibilidade de comentar, debatir e ampliar as informacións e opinións que compañeiros publican; desta maneira a parte de sumerxirnos nun tema e vincularnos co traballo dos compañeiros, danos pé a ampliar coñecementos e aprender os distintos puntos de vista, así como a defender a nosa posición.

Referente ao anterior, a relación profesor alumno con plataformas como o Campus Virtual, é moi indirecta e pautada, non da lugar a comentarios nin plantexamento de opinións, propiedade que nos ofrece Stellae.

Que opinades? Tedes tan claro como eu cal preferides?

Considero que o uso deste tipo de plataformas en outro tipo de asignaturas, non só en Tecnoloxía, sería totalmente productivo para nos e a materia.