As TIC na educación

Por nara cid

Hoxe quero expor a miña idea referente a un tema moi actual e co que podería relacionar o meu proxecto, as TIC no ámbito educativo.

Dende fai uns anos as tecnoloxía metéronse de cheo nas aulas. Nestos días non imaginamos unha clase  sen un proxector ou un ordenador, isto é algo básico, ou eso consideramos agora.

Non fai moitos anos, cando comecei os meus estudos de secundaria, as tecnoloxía comezaban a aparecer, a todos nos parecía algo xenial, unha nova maneira de ensinar que nos entusiasmaba a todos, na miña opinión, máis a alumnos que a docentes, xa que en moitos casos estes non sabían como empregar esos novos artiluxios e acostumados a impartir as súas clases ao seu modo e por a vagancia  e incapacidade destos en este sector, optaron por non empregarlos ,pensando que sería unha moda pasaxeira.

O que estes non sabían e que esa ´moda pasaxeira´ acabaría imperando no sector educativo e que, os mestres que renegasen delas quedarían atrasados e obsoletos, non por que non fosen bos mestres ou porque a súa maneira de impartir a matería non fose correcta ou adecuada, senon porque as posibilidades de mellora que as tecnoloxías lles ofrecían eran incalculables, e non aplicalas supón negarse ao avance, a mellora e a modernidade, a unha nova forma de ensinar máis dinámica e proveitosa.

O problema aparece  cando se produce un abuso, cando deixan de ser un medio para o ensino e o aprendizaxe e comezan a ser un obstáculo. As TIC produciron unha revolución a nivel educativo na forma de ensinar, temos que manexalas de forma decuada, supervisando sempre o seu emprego e sendo conscientes que tan só son un vinculo, unha axuda na ensinanza, non podemos abusar de estas nin deixar que teñan todo o peso.