Tecnoloxía nos museos.

Aproveitando que o pasado día 18 foi o Día Internacional dos Museos, paréceme interesante falar sobre o papel que xogan as novas tecnoloxía dentro destes espazos. Como todas sabemos e case imposible evitar a influencia das tecnoloxías en calquera ámbito das nosas vidas, polo tanto, os museos non van a ser unha excepción. Para que estes espazos perduren no tempo é preciso que se adapten as novas tendencias, xa que a nosa forma de ver as cousas e experimentar está cambiando, polo que non se poden limitar a clásica visita en silencio na que se vai contemplando cada obra. Pero esta concepción non xurdiu agora, pois quen visitou varios museos sabe que dende fai uns anos algúns deles contan xa con audioguías, salas de realidade virtual, códigos QR, etc. Pero aínda queda moito camiño por recorrer xa que moitos aférranse ao sistema tradicional. Cabe mencionar que a introdución destas ferramentas ten dous obxectivos, o primeiro, mellorar a experiencia da visita aportando máis información e, o segundo, conectar de xeito directo con outro públicos, é dicir, crear un lazo máis forte cos visitantes.

Desde o meu punto de vista, e baseándome na miña propia experiencia penso que a introdución das novas tecnoloxías dentro dos museos é o mellor camiño para que as novas xeracións non perdan o interese pola cultura, o arte, etc. Para que isto non ocorra, os museos débense adaptar as novas formas de aprendizaxe, pois eu mesma debo recoñecer que resultoume moito máis atractivo un museo que che permite interactuar e coñecer a obra a través da propia experimentación que unha visita que se limitaba a ver obras ou mesmo a escoitar un guía que che explicaba cada unha delas.

Por último, gustaríame lanzarvos unha pregunta: Pensades que os museos se están adaptando as necesidades e demandas das novas xeracións?

Comentarios

  • Lucía Blanco

    Boas Vanesa! 

    O tema que presentas nesta entrada é moi interesante, xa que os museos seguen a ser un espazo que alberga moitísima información, pero, respostando á pregunta que propoñes, algúns seguen a estar anclados no pasado. Sen embargo existen outros que avanzan e permiten que as visitas sexan interactivas incluindo experimentos e actividades que podes realizar ti mesma. Isto me parece unha boa maneira de seguir atraendo aos máis pequenos cara a ciencia, a cultura, a arte, etc. Un saludo!