MOOC

As siglas MOOC (Massive Online Open Couerse), fan referencia aos cursos online masivos e abertos e responden á evolución da educación aberta en internet. Estes cursos, ao ser gratuítos, son o novo negocio das universidades, existindo máis de 700 universidades en todo o mundo que ofrecen estes cursos todos os meses.  A gran forza dos MOOC reside na súa capacidade de unir nodos de coñecemento (conectivismo).

Sabiades que debido ao auxe que foron experimentando estes cursos, apareceron iniciativas privadas que coa colaboración de grandes expertos de cada materia se converteron en grandes éxitos como é o caso de Udacity e Coursera?

En España, foi Cryp5you a primeira iniciativa dun MOOC español, dirixido polos destacados directores Jorge Ramió e Alfonso Muñóz. Tratándose dun curso de criptografía para programadores que está respaldado pola Universidade Politécnica de Madrid. 

Deste xeito os MOOC presentan unha serie de cualidades:

  • Non teñen limitación nas matriculacións
  • Pode ser seguido online
  • Presenta un carácter gratuíto e aberto

Como conclusión, quero dicir que descoñecía o significado dos MOOC, así como as súas vantaxes e desvantaxes. Pero o certo é que son unha gran oportunidade para adquirir novos coñecementos. Sen embargo, para poder asistir a unha titoría dos cursos dos que estamos a falar, existen unha serie de custos. Pensades que isto é xusto?

A continuación déixovos un vídeo que me axudou a entender o concepto dos MOOC en tan só seis minutos. Espero que vos aclare todas as vosas dúbudas.

Bibliografía:

García San Martín, M.J. (2018). Qué es un MOOC y qué no es un MOOC. educaLAB: España. Recuperado de  http://blog.educalab.es/intef/2017/01/18/que-es-un-mooc-y-que-no-es-un-mooc/

Comentarios

  • Lucía Blanco

    Boas María!

    Fai relativamente pouco escribín un posto sobre os MOOC e considero interesante a pregunta que propoñes no teu porque eu tamén pensei nela, pero ademais non só existen custes para acceder ás titorías, senón que tamén para algúns materiais bibliográficos ou para poder recoller a túa acreditación!

    Creo que esto é moi inxusto porque nun primeiro momento se presentan como unha forma de acercar a formación a todas e todos, pero despois sesgan ao impoñer ditos custos. Ao final este non é máis que outro negocio que as universidades atoparon para aumentar a súa riqueza económica (a nosa costa coma sempre).

    Outra cousa, moi interesante e moi ilustrativo o vídeo que nos presentas, moitas grazas!