Ilegalidade e novas tecnoloxías

Lin hoxe unha noticia en El País que anuncia que o vindeiro 25 de maio, implántase en toda UE  o Reglamento Xeral de Proteción de Datos (RGPD), no cal se establecen diversas sancións derivadas da vulneración da privacidade. Ditas sancións poden ascender ata cantidades de 20 millóns de euros.

Ao ver esta noticia, pensei en ilegalidades relacionadas coas novas tecnoloxías se estaban a cometer ao meu arredor no día a día, as cales poden ser duramente sancionadas. Pois ben, considérase delito espiar conversas e redes sociais dos fillos, aínda que os pais se escuden en que pretenden protexelos. Tamén, como pode resultar obvio, revelar datos persoais tales como teléfonos móviles tamén poden colevar unha sanción, ao igual que compartir fotos ou vídeos comprometidas de persoas sen o permiso das mesmas. Este regulamento inclúe tamén condeas para o ciberacoso, de maneira que todas aquelas conductas que vulneren a liberdade da víctima ou alteren o desenvolvemento da súa vida cotiá serán castigadas con penas de ata dous anos de prisión. Pois ben, cantas de nos non vimos ou presenciamos a realización deste tipo de prácticas? Persoalmente, podo dicir que coñezo diferentes situacións nas que se levaron a cabo todas estas ilegalidades, mais non supuxeron en ningún dos casos ningún tipo de sanción.

Na actividade da noticia no blog, eu e máis a miña compañeira María falamos das aplicacións de espionaxe. Quero destacar que con este regulamento as aplicacións que axuden á espionaxe de conversas ou redes sociais alleas serán sancionadas e, en consecuencia, pechadas. Valoro isto de maneira positiva, xa que se estaban a vulnerar os dereitos das persoas ao expoñerse a súa privacidade e podendo chegar a compartirse datos persoais sen permiso.

Privacidade na rede.jpg

Comentarios

  • María Rodríguez Miguéns

    Boas tarde, Lucía! 

    Ao coñecer de primeira man diversas ilegalidades como as que ti ben especificaches, penso que era máis que necesaria a implantación do Regulamento de Protección de Datos, xa que o que se estaban a vulnerar os dereitos das persoas a grande escala.

    De feito, antes de buscar a noticia que traballamos na clase con motivo das Fake News, pensei que ese tipo de paquetes de espionaxe estaban totalmente prohibidos, polo que causou gran impacto en min. 

    Moitas grazas por compartir esta noticia e por informarnos da implantación do regulamento. 

     

     

     

     

     

  • Marta García

    Boas tardes!

    Xa hai unhas semanas que viñemos coñecendo que certas redes sociais e aplicacións venden os nosos datos persoais para poder ofrecernos propaganda sobre artículos que coinciden co perfil que nos temos; cousa que vulnera por completo os dereitos de privacidade das persoas, polo que era moi necesario un Regulamento de Protección de Datos.

    Gracias por darnolo a coñecer.

  • Lucía Blanco

    Boas tardes compañeiras!

    Este tema é interesante porque nos últimos días todas as aplicacións e redes sociais están a mandar as súas usuarias correos informando sobreo cambio nas súas políticas de privacidade debido ao cambio na normativa da Unión Europea.

    Pero dentro desta normativa non se atopan as aplicacións de espionaxe das que falades, seguramente porque estas atópanse a maioría fóra do radar das administracións europeas que regulan este sector, ben sexa por descoñecemento ou por intereses. Pero é moi positivo o que comentas no teu post, Lucía, xa que moitas destas grazas ao no Regulamento serán pechadas e será un pouco máis seguro movernos polas redes socias, en concreto, e por Internet, en xeral.

    Grazas por amosarnos esta noticia!