Mindfulness

Durante a miña estancia no practicum o meu titor faloume sobre o Programa Mindfulness xa que se estaba comenzando a probar en algunhas escolas. O proxecto ten como obxectivo ensinar a meditar aos pequenos/as, a través de técnicas cortas e conceptuales simples, con unha linguaxe que os nenos poidan comprender. Unha vez que as teñan interiorizadas, tratase de repetilas en momentos curtos durante o día.

Algúns dos beneficios derivadoss desta práctica son unha maior capacidade de concentración, o aprendizaxe da xestión emocional e o control dos impulsos, unha maior capacidade reflexiva, unha maior empatía e comprensión, entre outras cousas.

Que vos parece esta práctica?

Deixovos a continuación un dos seus vídeo.

Comentarios

  • Ángela González Villa

    Hola Marta, esta práctica paréceme moi enrriquecedora para o alumnado, posto que, como ti ben dis, conta con múltiples beneficios para os mesmos. Dende o meu punto de vista, a educación debe ir máis alá da educación da área intelectual dos suxeitos e levar a cabo un desenvolvemento integral dos mesmos, sendo para elo moi positivo técnicas como as que mencionas, xa que, aportan pautas para que o alumnado se afrote a vida cotiá.

    Por outra banda, é relevante que se extenda dita iniciativa, posto que trae consigo un aumento no rendemento académico, maior éxito nas relacións sociais, e reduce a ansiedade.

  • Uxía Adán

    Boas! Acabo de ver a túa entrada Marta e pareceume moi chamativo o que contas nela. Nos últimos meses escoitei falar sobre o mindfulness e non o coñecía, polo que busquei información sobre esta práctica.

    Paréceme xenial este proxecto e que se intenten ensinar técnicas de relaxación cos máis pequenos, pois na actualidade os problemas relacionados coa concentración ou co estres están á orde do día. Este proxecto, se consigue ensinarlle aos alumnos o que se propón, pode ser moi positivo cara a seu futuro. Engadido a isto, o vídeo é moi adecuado para os nenos e os seus proxenitores, ademais a voz e as imaxes xa teñen un ton moi relaxante.

    Nas miñas prácticas tamén realizamos algunha técnica de relaxación con algún dos usuarios e pola miña experiencia foi algo moi enriquecedor.

    Por último decir que coincido con Ángela en que a educación debe levar a cabo un desenvolvemento integral non só centrándose na área intelectual.

    Un saúdo chicas!!

     

  • Carla Codeseda

    Boas, rapazas.

    Teño que dicir que non coñecía de nada esta nova técnicas e pareceme do máis interesante. Está claro que os nenos teñen que aprender a desenvolverse e facendoo dunha maneira tranquila e relaxada fai que aprendar a canalizar a súa enerxía e a manifesten dunha maneira máis adecuada, incluso evitando a agresividade.

    Pareceme como dixen unha idea moi boa, moitas grazas pola información, Marta.

  • VanesaPais

    Boas Marta! Pareceme moi interesante que fales desta práctica pois resulta verdadeiramente beneficiosa para os neneos e nenas en xeral e, sobre todo, para aqueles infantes que sofren de hiperactividade ou calquera outro trastorno do desenvolvemento. Durante a miña experiencia no Practicum tiven a oportunidade de falar cunha AL que acude a un dos centros adscritos ao centro no que eu estiven. Nese colexio foi o propio director quen propuxo poñer en marcha a iniciativa e despois de case dous anos e un gran esforzo e implicación por parte do propio director e profesorado obtiberon uns moi bos resultados no alumnado. Pois conseguiron que o alumnado interiorizara ese sistema de relaxación provocando así un mellor clima en todo o centro, pois os rapaces e rapazas son capaces de autoxestionar as súas emocións, que como ben dis ti, iso repercutirá en moitos outros aspectos como a aprendizaxe, a empatía, etc.

    Un saúdo!