Fake news

Como cada día, nada máis abrires Facebook, atópome con noticias publicadas en diversos medios de comunicación que son falsas. Artigos que difunden mortes de persoas, crónicas desprestixiando a persoas, noticias falsas evocando conflitos entre grupos... E así un milleiro de fake news.

As fake news son un produto pseudo periodístico difundido a través de portais de noticias, prensa escrita, radio, televisión e redes sociais cuxo obxectivo é a desinformación deliberada ou o engano.

Detrás destas palabras escóndese unha vella práctica que empregaban algúns panfletos e publicacións do século XVIII e XIX que difundían informacións non sempre verificadas. Hoxe en día, internet  púxoo de novo en boca de todos.

O presidente de Estados Unidos, Donad Trump, emprega o termo, escrito en maiúsculas en moitos dos seus tuits, como resposta a todas as críticas a súa xestión, desprestixiando aos medios de prensa tradicionais e cancelando as discusións aberta e argumentada sobre as súas políticas. Trump volveu a poñer de moda este termo, aproveitando así a súa posición para desacreditar aos medios de comunicación.

Para previr as fake news, é importante facer unha curación de contidos. Este termo abordámolo na primeira parte do cuatrimestre, polo que penso non é preciso volver a explicar os pasos esenciais para realizar unha óptima curación de contidos. Ademais fixen un blog especial sobre este termo; se queredes botarlle unha ollada, chámase Curación de contidos.

Xa para concluír, déixovos unha noticia que vin no xornal La Voz de Galicia, no que nos di que Facebook  empregará a 500 persoas en Barcelona para loitar contra as fake news. Paréceme unha moi boa labor, para non atoparnos con noticias como as que mencionei anteriormente ao comezo do blog.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/tecnologia/2018/05/07/facebook-luchara-contra-fake-news-barcelona/00031525678347862692221.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbgen

Como reflexión, dicir que as fake news son un enxeñoso intento de convencernos de que existe o seu oposto, pero non existe; excepto a publicidade, todo é propaganda.

 

Referencias bibliográficas:

El Comercio (2017). “Fake news”, una nueva expresión para una vieja costumbre. Recuperado de: https://elcomercio.pe/tecnologia/actualidad/fake-news-nueva-expresion-vieja-costumbre-421052