Gran Irmán 2.0

Boas, compañeirxs!!

O outro día vendo “El Hormiguero” saía unha das colaboradoras, de orixe chino, falando sobre o “crédito social” que se instaurou en dito país.

En 2017, falárase de que China ía implementar un sistema de puntaxe cidadán baseado na confiabilidade, o cal aplicaríase para todos os cidadáns e de este dependería que puideran acceder a diversos servizos e créditos, pero sinceramente pensei que isto nunca se levaría a cabo, ou que polo menos tardaría moito máis en instaurarse. Pois nada máis lonxe da mina imaxinación, un ano máis tarde este xa está en funcionamento, deixando claro, una vez máis, a velocidade á que avanza a tecnoloxía.

O sistema de “crédito social” concentrará todas as cualificacións crediticias, financeiras, sociais, políticas e legais de cada un dos cidadáns e servirá para delimitar e informar o nivel de confianza que posúe unha persoa. É dicir, o cidadán acumulará puntos segundo o seu nivel económico, o seu status e ata as súas opinións nas redes sociais. Para elo, o algoritmo analiza toda a actividade de cada cidadán usando o seu rastro dixital, é dicir, os seus datos en liña, para cualificar en base a 5 factores:

  • Historial de crédito
  • Cumprimento de obrigacións
  • Información persoal
  • Comportamentos, hábitos e preferencias
  • Relacións interpersoais

A primeira implementación foi o 1 de maio e esta restrición está dirixida ás “persoas non confiables” as cales negaráselle o acceso aos servizos de transporte de avión e tren, aínda que teñan necesidade de saír por cuestións laborais ou de emerxencia, ás persoas que dispoñan dun puntaxe baixo. Esta restricións durará un ano e despois realizarase unha revisión para determinar se se lle levanta a prohibición ou se se amplía outro ano máis. As persoas que entrarían directamente nesta prohibición serían aquelas que cometeron actos delituosos no último ano, quen difundise información falsa sobre terrorismo, causasen problemas nalgún voo, así como aqueles que usaron boletos vencidos ou foron sorprendidos fumando no interior dalgún tren. Así mesmo, os cidadáns que cometesen infraccións financeiras, como empregados que non pagasen o seguro social, persoas que non pagaron as súas multas e ata aqueles que emitisen desculpas que se consideren "pouco sinceras". Pero esta non éa única limitación pois os cidadáns con esta puntuación terán un servizo de internet máis lento, non poderá ser contratados para certos empregos, non poderán acceder nin matricular aos seus fillos en certos centros educativos, terán acceso restrinxido a restaurantes, clubs nocturnos...

Para por en práctica este sistema, e experimento sociolóxico como moitos o chaman, utilizaranse novas técnicas de intelixencia de datos, ademais de que A Aviación Civil publicará mensualmente unha “lista negra” cos pasaxeiros sancionados e o tempo que lles queda de prohibición, datos que se consultarán na páxina web: CreditChina.gov.cn.

China estima que a versión completa do seu "Crédito Social" estea dispoñible en 2020 e que conseguirán con isto, tal e como se di dende o seu goberno, permitir “que los más confiables vaguen por todas las partes bajo el cielo y dificulten que los desacreditados den un solo paso”. Mentres tanto, seguirán lanzando restricións e advertencias que afectarán a algunhas persoas. Por este motivo, a partir do 2020 será obrigatoria a cualificación do comportamento de cada cidadán e persoa xurídica, pois ata día de hoxe segue sendo voluntaria a participación cidadán.

Penso realmente que este sistema vai levar a unha invasión da privacidade dos cidadáns, a unha diminución da liberdade e da liberdade de expresión e un aumento na discriminación cara as persoas con “baixa nota”, pois estes non poderán acceder a empregos de calidade, nin matricularse en universidades de prestixio, nin moito menos emigrar para poder prosperar. Ademais de ser un astuto cambio de paradigma, pois en lugar de impoñer a estabilidade con unha doses de medo de arriba cara abaixo o que fai o goberno é, usando as novas tecnoloxías, tratar de facer que a obediencia pareza un xogo. Como se di, é un método de control social disfrazado. Entón, dirixímonos cara un futuro onde todos os seremos cualificados en liña e examinados polos datos? Certamente ese é o futuro que parece que nos espera, pois estamos entrando nunha era na que as accións dun individuo serán xulgadas por estándares que non se poden controlar e onde ese xuízo non poderá ser borrado. Ao almacenar todo na rede as consecuencias non solo son preocupantes, senón que serán permanentes, que é o que pasa co sistema de créditos sociais xa que non existe unha forma de limpar o nome deixando ás persoas que son nomeados non dignos de confianza, nun eterno limbo.

Vos que creedes, que este plan de crédito social é unha escusa para implementar a vixilancia e o control máis que por reforzar a confianza social? Ou pola contra estades de acordo coa iniciativa? Ademais, non creedes que é o mesmo que se fai noutros países só que sen proclamalo a viva voz?

Por último, vouvos deixar dous vídeos nos cales se pode ver dunha maneira máis clara todo o exposto ata agora, un deles esta en portugués pero entendese moi ben, o outro é en castelán.

 

Un saúdo.

 

Información sacada de los siguientes enalces:

https://www.xataka.com/privacidad/china-se-convierte-en-black-mirror-los-ciudadanos-con-bajo-credito-social-no-podran-usar-aviones-ni-trenes

http://www.publico.es/sociedad/china-comienza-aplicar-polemico-sistema-credito-social-aviones.html