QUE ESTAMOS A FACER MAL?

Boas chicos!

Hoxe navegando polas redes, atopeime cunha noticia que me chamou moito a atención e a cal me gustaría compartir con todos vos. O nome de dita noticia é o seguinte “España, líder en internautas y en ignorancia sobre seguridad: el 90% no sabe crear una contraseña segura”.

España, é o país de toda Europa no que máis se navega pola rede, contando cun total de 33 de millóns de internautas, os cales debidos aos seus diferentes comportamentos na mesma, estanse a someter a unha serie de riscos.

Debido a isto, o comparador se seguros Acierto.com, publicou un informe coa intención de concienciar a cada un dos usuarios da importancia que ten o feito de que posúan contrasinais seguras e a relevancia de manter actualizados cada un dos seus dispositivos. A isto sumaráselle a aportación dunha serie de regras, que lles aportarán un maior coñecemento sobre as tecnoloxías, conseguindo así facelos menos vulnerables en Internet.

Tras unha serie de encuestas levadas a cabo, obtivéronse os seguintes resultados:

-          Encuestados que non contan co hábito de cambiar as súas claves: 16,7 %

-          Encuestados que recoñecen non facelo nunca ou case nunca: 30,07%

-          Encuestados que recoñecen facelo “de vez en cando”: 32,4%

Como xa mencionei antes, o comparador levou a cabo unha serie de recomendacións, para así conseguir manter os diferentes dispositivos cun mínimo de seguridade, ademáis de mantelo actualizado na última versión e contar con contrasinais bastante complexas.

O usuario deberá limitarse a conexión de WiFi seguras, feito ao que se lle suma a acción de revisar as políticas de privacidade e configuración de cada unha das diversas aplicacións en redes sociais.

No que respecta as acción online é preferible visitar sitios web HTTPS, ademáis de evitar todo tipo de páxinas descoñecidas e revisar a URL.

Para poder previr todo tipo de riscos, un dos feitos máis aconsellables é levar a cabo unha copia de seguridade de maneira habitual dos nosos dispositivos, desta maneira si se dera o caso de de sufrir unha infección, poderiamos recuperar cada un dos datos do noso equipo sen problema algún.

Para máis información deixovos aquí o seguinte link:

http://www.eleconomista.es/tecnologia/noticias/9148295/05/18/Espana-lider-en-internautas-y-en-ignorancia-sobre-seguridad-el-90-no-sabe-crear-una-contrasena-segura.html

 

Gustaríame saber que opinades.

Un saúdo.

Comentarios

  • Uxía Adán

    Boas Andrea! Penso que esta entrada ten toda a razón, a maioría das persoas somos moi ignorantes no que respecta a seguridade. Pois non somos conscientes de que poñer unha contrasinal non é algo que se debe facer á lixeira. 

    Porén, moitos dos consellos que amosa a páxina son simples e coñecémolos pero ás veces, por pereza, non nos esforzamos en realizalos. 

    Engadido a isto, algunha vez teño falado sobre este tema con amigos e moitos dos argumentos que plantexan son que se algúns hakers son capaces de descifrar contrasinais de multinacionais ou de institucións moi importantes, como non van a ser capaces de conseguir as nosas contrasinais por moi difíciles que sexan? E pode que sexa verdade.

    Pero se poñendo unha contraseña máis segura podemos evitarnos algúns riscos (ainda que non todos), deberíamos facelo.