Un canal educativo na TVG

Navegando pola rede atopeime cunha noticia de La Voz de Galicia que chamou a miña atención de inmediato, co titular de: «La TVG lanza un canal temático con contenidos educativos». Pareceume curiosa a idea de que unha televisión pública se interesara pola educación da mocidade galega, pois estamos acostumadas e acostumados a que só se fixen en audiencias que se transforman ao final de temporada en beneficios para as grandes empresas.

Non obstante, este iniciativa paréceme que é algo diferente, pois tratase dun recurso que complementará o Programa Abalar que se implantou en todas as institucións educativas para introducir as novas tecnoloxías na aula. Este novo canal dixital, dispoñible en internet, promete traer grandes beneficios ao alumnado e profesorado de Primaria e Secundaria, a través da incorporación de novos elementos como os móbiles ou as tablets para traballar coa realidade aumentada e a realidade virtual, deste xeito abordaranse os diferentes contidos da materia mediante recursos dixitais que se atoparan en dita plataforma. Dende o meu punto de vista isto ten dous beneficios, por un lado, facilitarase un modelo de aprendizaxe que se axuste aos denominados nativos dixitais e, por outro lado, obrigará dun xeito ou outro a que o profesorado se forme no ámbito das TIC.  Por suposto, e baixo a miña opinión, sempre vamos a ter que mirar este tipo de iniciativas con lupa, xa que ao ser promovidas por empresas privadas sempre traerá consigo un interese económico para lucrase a costa da educación e dos educandos.

Gustaríame coñecer a vosa opinión, parécevos unha iniciativa beneficiosa para as novas xeracións?

Aquí vos deixo o enlace da noticia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2018/03/16/tvg-lanza-canal-tematico-contenidos-educativos/0003_201803G16P54996.htm