De aula tradicional a aula dixital?

Como ben sabemos, actualmente os rapaces viven na época das tablets, dos móbiles, de Internet... E é por este motivo polo cal non podemos tapar os ollos ante esta realidade. Así aparece un proxecto que seguro moitas coñecedes, o Proxecto Abalar, que ten como fin principal a transformación da aula que coñecemos en unha aula dixital. A finalidade deste programa, que naceu no ano 2010, era a de proporcionar aos centros educativos todo aquel material preciso para levar a cabo o uso das novas tecnoloxías, a través do uso de pizarras dixitais, proxectores, portátiles para os docentes, etc.

É por isto polo cal actualmente milleiros de alumnos, grazas a una plataforma de aprendizaxe virtual, poden estudiar con libros dixitais, accedendo a ela a través do uso dunha clave persoal que cada alumno terá a súa disposición. Estes dispositivos dixitais traen un gran abano de aplicacións de carácter educativa, así como aplicacións de experimentos.

Isto é una gran novidade a nivel educativo xa que supón a adquisición de competencias e habilidades dixitais nos máis xoves, que lle serán moi útiles para o seu futuro laboral e ademais baixo o meu punto de vista, tamén fomenta o uso das tecnoloxías como un recurso e unha maneira de levar a cabo unha aprendizaxe significativa e tal e como comentei nun blog dunha compañeira, axuda tamén a empregalas dun xeito máis educativo e non tanto por ocio unicamente.

Si queredes coñecer un pouco máis sobre este Proxecto, sobre o seu funcionamento e as opcións que propón, déixovos aquí o enlace:

Losada, A. (2018, Febrero 23). El aula tradicional se transforma en digital. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/tecnologia/2018/02/22/aula-tradicional-transforma-digitalen-cifrasel-95-centros-publicos-usan-libro-digital-tienen-conexiones-100-mbps/0003_201802G22E2991.htm

Comentarios

  • Marta

    Boas noites compañeira,

    Seguindo a túa aportación sobre o Proxecto Abalar, dicir que é unha estratexia educativa global e integradora, que coordina e impulsa un cambio de modelo educativo apoiado na formación do profesorado e na modernización da ensinanza. Agora ben, a formación do profesorado é esencial para poder integrar a tecnoloxía nas aulas. Pero atopámonos co problema de que o profesorado non reune a formación precisa para fusionar as novas tecnoloxías na aula cunha finalidade educativa. O papel deste colectivo é fundamental para o manexo dos recursos e para poder incorporalos nas aulas. 

    Un saúdo!

  • Alejandra Garcia Pazos

    Boas Marta! Gracias por pararte a ler o miña entrada no blog. Gústame que aportes algún dato máis sobre este proxecto, así como que cites algo que considero de gran importancia no mundo da tecnoloxía que é a formación de profesionais cualificados neste ámbito.
    Un saúdo!