VIOLACIÓN DA INTIMIDADE

Boas rapaces!

Navegando polas redes atopei de cheo cunha noticia que me deixou ca boca aberta, noticia que non sabería como afrontar se me chegara a pasar a min ou a alguna persoa achegada en lugar de a este outro matrimonio de Inglaterra do que vou pasar a falar a continuación.

Estes tras mudarse a unha nova casa decidiron reforzar o seu equipo de vixilancia, pasando a ter un total de sete cámaras na súa noca residencia, cada unha delas con acceso remoto, máis estes non sabían que milleiros de persoas das distintas partes do mundo tamén estaban a ver todo o que acontecía na mesma, debido a todo o que estaban a rexistrar todos eses dispositivos por Internet.

 As cámaras das que estamos a falar, denomínanse “cámaras intelixentes”, teñen sistema de captura electrónica da imaxe, así como, un procesador que permite tratar os videos capturados. A ito súmaselle  a posesión de conexión a Internet, posibilitado así o feito de ver as imáxes a través do celular dende calquera outro lugar, permitindo un sistema de grabación na nube que estará presente durante uns días ou meses.

Tras o feito de conectarse a unha aplicación móvil, xa se podería acceder as cámaras, podendo así activalas e desactivalas, a vez de poder programar series de alerta.

Paradóxicamente, estos sistemas de seguridade, poden resultar ser, hackeados, pois existen “sistemas de búsqueda especializada”, capaces de atopar con gran facilidade cada unha destas páxinas web e emisións.

O experto en seguridade Cal Leeming, examinou o sistema deste matrimonio como parte dunha investigación exclusiva da BBC, ca intención de ver cantas veces foran vistas por outras persoas as imaxes detectadas polas cámaras . O resultado é escalofriante, pois estamos a falar dun total de 5.000 reproducións en 70 países diferentes, todo isto dende 2015. O tatal de horas sería arredor das 366.

Dito isto, paréceme unha barbaridade o que lles aconteceu a estos ingleses. Deberiase de levar a acabo un maior control da seguridade ademáis de contar cunhas mellores contrasinais, pois desta maneira poderíase intentar evitar esta serie de situacións tan dramáticas, e que estou segura de que a ninguén lle gustaría ter que pasar por elas, pois estamos a falar dunha violación da intimidade.

Para máisn información deixovos aquí o seguinte enlace:

http://www.bbc.com/mundo/noticias-44140778

 

Espero que vos gustase e gustaríame saber que opinades!

Un saúdo!