IMPRESIÓN 3D

Chegando ao final deste percorrido de Tecnoloxía Educativa, gustaríame compartir un fenómeno a raíz dun acontecemento no instituto do meu concello.

Trátase da impresión  3D. O alumnado deste centro de Formación Profesional  construíu, en colaboración cunha empresa local, unha maqueta de nave industrial mediante impresión 3D. Dito proxecto foi galardoado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como un dos premios aos proxectos de innovación tecnolóxica ou didáctica en centros públicos.

Proxectos coma este favorecen o emprendemento e implican  unha mellora na calidade educativa de formación, na empregabilidade e na inserción laboral do alumnado.

Facendo fincapé sobre o meollo deste acontecemento, a impresión 3D é un fenómeno que naceu fai uns anos, pero que continúa expandíndose e aumentando. Sabemos que toda innovación que enriqueza e favoreza o proceso é beneficiosa, non obstante, gustaríame puntualizar sobre os perigos e riscos que poden presentar.

Sobre esta última idea, recordo a noticia sobre a impresión 3D dun arma en EE UU que foi capaz de disparar. Estes usos malintencionados son un exemplo da posibilidade de promover hábitos sociais inadecuados, así como iniciativas comerciais ilegais. Ademais, dentro deste eido, a "ciberdelincuencia" é outro perigo ao que se debe facer fronte.  Certas organizacións criminais empregaron esta ferramenta para crear lectores de tarxetas que se inserten nos caixeiros automáticos.

Como todo suceso tecnolóxico debe implicar un proceso educativo de base que fomente usos responsables como tamén condutas adecuadas ante estas realidades.

A modo de conclusión, comparto un breve vídeo sobre algúns dos principais espazos onde se está a levar a cabo este tipo de impresión e  aproveito para propoñervos unha oportunidade de reflexión e así, poder coñecer a vosa opinión ao respecto.

 

 

- Fabrican arma de fuego con impresora 3D. (2017). Diariode3. Recuperado de http://www.diariode3.com/fabrican-arma-de-fuego-con-impresora-3d/

- Concello de Valga. (2018). A Consellería de Educación premia un proxecto de innovación do IES de Valga. Recuperado de http://www.valga.gal/510-a-conseller%C3%ADa-de-educaci%C3%B3n-premia-un-proxecto-de-innovaci%C3%B3n-do-ies-de-valga

- VIDEO: Industrias Creativas. (2015, agosto 3). Imprensión 3D aplicada [Archivo de vídeo]. Recuperado de youtube