Ángela Rodríguez

Estudante de Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela

Últimas reflexións...

De cara a pechar o blog, gustaríame rematar cunha última entrada propoñendo unha reflexión acerca dunha frase que recollín anteriormente no blog e que, ademais, plasmamos no mural realizado na última clase: "Tenemos escuelas del siglo XIX, con profesores del siglo XX y alumnado del siglo XXI".

Persoalmente, opino que é sumamente importante un cambio en materia educativa de cara a adaptar a escola e a educación impartida ás novas necesidades e demandas do alumnado, dos docentes e da propia sociedade, pero tendo ao alumnado como eixe central. Para isto, creo relevante ter en conta aqueles aspectos que caracterizan ao alumnado e profesorado do século XXI. En relación a isto, o seguinte vídeo, titulado El reto docente vs estudiante del siglo XXI (Pozo, 20 de outubro de 2014), trata sobre as características máis peculiares tanto do alumnado como do profsorado no presente século, tendo en ambos un papel importante as novas tecnoloxías.

Que opinades sobre a frase? Credes que é certa ou errónea? 

Ánimo a todxs co último empuxón do curso!

 

Comentarios

  • Sonia Tarrío

    Qué gran frase Ángela! 

    Sen dúbida non se pode describir mellor a educación actual, aínda que pouco a pouco esa realidade xa está adoptando medidas con novos cambios e iniciativas socio educativas. Un saúdo!

  • Ángela González Villa

    Hola Ángela, estoy de acuerdo contigo, respecto a la frase que plasmamos en el mural, representa la necesidad de un cambio en la educación de nuestro país,  adaptando esta a la sociedad de la información en la que se encuentra inmersa! Considero que no la pudimos elegir mejor. Saludos! 

  • María Rodríguez Miguéns

    Boas Ángela, non podo estar máis dacordo coa frase que plasmaches. O certo é que se precisa un gran cambio na educación, polo que debemos comezar por unha formación adecuada e adaptada á sociedade que nos rodea.

    Bo día!

  • Alexandra Rodríguez Gil

    Hola Ángela!

    Maravillosa esa frase. Así nuestros compañeros del año que viene sabrán a qué atenerse. Pues bien, quería comentar, al igual que mis compañeras, que estoy de acuerdo con dicha frase. Las aulas se están quedando anticuadas, obsoletas, de tal forma que la distribución espacial, por ejemplo, que existía en el siglo pasado, poco ha variado con respecto a la actual. Y como esto muchas cosas más. Otro  de los problemas es que hay profesores y profesoras que, por así decirlo, también están ya anticuados y obsoletos, negándose a introducir metodologías e instrumentos innovadores y que sean capaces de motivar a los/as alumnos/as.

    Un saludo chicas!

  • Ángela Rodríguez

    Vexo que todas estamos de acordo coa vericidade da frase! A min tamén me parece moi acertada para describir a educación actual, aínda que esté comezando a dar un xiro cara novos horizontes. Oxalá nós, como pedagogas, poidamos poñer o noso gran de area para cambiar esta situación. Un saúdo e gracias pola vosa opinión!