13 Reasons Why

Ola chicxs! Hoxe escribo aquí para falarvos dunha serie que acaba de estrear a súa 2º tempada, trátase de “13 Reasons Why”. Esta serie orixinal de Netflix está baseada na novela de Jay Asher co mesmo nome, e narra a vida dunha estudante de secundaria que se suicida debido ao bulling que lle fan no instituto. Despois de suicidarse deixa unha serie de cintas nas que narra o porqué disto. Non quero contar moito máis por se alguén non a viu e quere facelo, así que deixo aquí o tráiler:

O outro día lin unha noticia que falaba sobre a serie e da que me gustaría falar aquí, nela afírmase que esta serie desaproveita a oportunidade de lanzar unha mensaxe educativa.

O doutor John Ackerman expresa que a maneira na que se trata o suicidio na serie non corresponde coa realidade, pois contémplase como unha forma de vinganza, o que non é común.

Outro doutor chamado Gene Beresin asegura que a serie amósanos como se pode influír nos pensamentos dos demais despois de morrer, o que non é un mensaxe positivo para as persoas que se atopan nunha situación tan extrema.

Un dos argumentos cos que máis estou de acordo é co da doctora Phyllis Alongi que afirma que na primeira tempada non se anima ás persoas que teñen pensamentos suicidas a buscar axuda, algo que se fortalece nunha escena cando a alumna pide axuda e a resposta do orientador é “escalofriante”.

Todos estes argumentos son referentes á 1º tempada, no meu caso vin a 1º e un capítulo da 2º. Os expertos cren que nesta 2º tempada se poden incorporar bos recursos educativos para axudar ás persoas que están nunha situación similar.

Dende o meu punto de vista temos que ter en conta que estamos a falar dunha serie e que tampouco podemos esixir que se faga dunha maneira ou doutra, pois existe liberdade á hora de escribir un guión.

O que si me fixei no primeiro capítulo da 2º tempada e que non vira na anterior é que antes de comezar a serie, os protagonistas aparecen falando individualmente e explicando que se calquera está a sufrir unha situación de bulling poden acudir a unhas páxinas ás que fan referencia ou que deben pedir axuda aos seus pais ou a un adulto. Ademais disto, recomendan que se estás pasando por algún problema similar ao que plantexan que vexas a serie cun adulto.

Esta iniciativa pareceume moi positiva e interesante, pois antes non se fixera e pode que a serie dese unha visión de como afrontar as problemáticas bastante negativa.

A maiores disto, Netflix lanzou un especial chamado “Máis alá das razóns” onde actores, produtores e profesionais da saúde mental comentan temas como o acoso, a depresión ou a agresión sexual para fomentar a reflexión. Con isto os espectadores aprenden a diferenciar a ficción da realidade, o que é fundamental cando se tratan estas problemáticas tan graves en idades como é a adolescencia.

Para min foi unha gran sorpresa que Netflix fixese este cambio dunha tempada a outra, pois pensei que se escudarían en que se trata dunha serie de ficción e non pasaría nada máis.

Porén, comezaron a realizar unha serie de accións para que non se produzan malentendidos. Isto é moi importante, pois a maioría dos espectadores desta serie son adolescentes que teñen problemas (aínda que algúns non sexan tan graves) e poden tomar “ideas” erróneas de como actuar.

Reflexionando sobre este tema e o papel que xogan as tecnoloxías, neste caso as películas ou series emitidas a través de internet, penso que debería haber máis que tratasen sobre estes temas. Como ben sabemos os máis pequenos son consumidores deste tipo de contido multimedia polo que é unha forma eficaz de chegar a eles. Eu coñezo moi poucas series ou películas que traten temas actuais e reais como estes e que ensinen formas de buscar axuda ou de superalos.

Que pensades vós sobre este tema?
 
Deixo a noticia por se vos interesa: http://www.culturaocio.com/tv/noticia-expertos-salud-mental-afirman-13-razones-desaprovecha-oportunidad-lanzar-mensaje-educativo-20180523134636.html

Comentarios

  • Alexandra Rodríguez Gil

    Hola Uxía, qué bien que escribas un post sobre esta serie!

    Yo, al igual que tú, también vi la 1ª temporada y pienso ver la 2ª también, pero cuando acabemos los exámenes (jeje). A mi la serie comenzó gustándome mucho, pero poco a poco, por una cosa u otra me fui desenganchando. El final de la 1ª temporada a mi no me gustó mucho tampoco, porque creo que el tema del suicidio lo podrían haber enfocado de una manera diferente, y que no gusta mucho en la posición en la que se deja a la protagonista, Hannnah, por lo que estoy de acuerdo con la afirmación del doctor John Ackerman que mencionas en el blog. 

    También comentar que el valor que tiene esta serie me parece extraordinario, porque no estamos acostumbrados a ver series o películas que representen y muestren la más cruda realidad, y me parece muy buena y necesaria, por lo tanto, esta serie. De hecho hablándolo con compañeras les he dicho que a mi me parecería genial que la serie fuese vita en todos los colegios o institutos del país, ya que es algo que afecta a los adolescentes totalmente y es una muy buena manera de empezar a reflexionar. 

     

  • Uxía Adán

    Boas Alexandra! Grazas por compartir comigo a túa opinión sobre esta serie. Quero decirche que concordo totalmente contigo en que ao principio a serie comezou gustándome moito pero que co paso dos capítulos me foi decepcionando. Penso que unha das razóns polas que as miñas expectativas eran altas e que non comentei antes, é que a serie introducía aspectos bastante novedosos como o uso das tecnoloxías e sobretodo as redes sociais. Pois, as redes son imprescindibles nesta trama: tanto instagram, facebook como whatssap están presentes. Isto facía a serie máis realista e dalgún modo máis "actual ou moderna", pero como ti dis, algúns dos enfoques de temas cruciais como o suicidio non me convenceron. 

    E con respecto a que a serie se vira nos intitutos pareceme unha idea xenial que non pensara. De feito, as veces os adolescentes fan cousas que pensan que non teñen consecuencias ou pensan que non poden axudar a que non pasen e con esta serie poderían observar como o máis mínimo detalle pode ser moi influínte para a vida doutras persoas.

  • Yaiza

    Hola!

    Yo también vi la 1º temporada de esta serie y pienso ver la 2ºen cuanto tenga tiempo. Es una serie que se hizo muy popular y tuvo muchas críticas por los temas que se abordan. Pienso que igual, la manera en la que se enfocó esta temática tan difícil sobre el bullying y el suicidio, no fue la adecuada, pero si que fue beneficiosa para los que la vieron. Me explico, todos y cada uno de nosotros vivimos alguna situación de bullying, o hacia nosotros mismos, o hacia otra persona, y creo que en la actualidad sigue siendo un tabú, aunque ahora mucho menos que antes por la concienciación social.

    Como dije antes, creo que las maneras de tratar los temas en esta serie igual no fueron las mejores, pero los dos temas principales que tratan pienso que hay que hacerlos visibles, existen y lo peor de todo es que pueden ser reales y lo son, ya que no es la primera noticia de que un niño/a se suicida por el acoso recibido. Pienso que cuanto más se hable de ellos mas llega a los niños y se evita que ellos lleguen a esas mismas situaciones.

    Un saludo!

     

  • Noelia Suárez

    Holaa! Eu tamén vin a primeira temporada e agora en pequenos ratos que teño estou intentando ver a segunda (jajaja). A verdade que tendes razón no que dicides de que ao comezo non se lle da a importancia ao suicio e aos problemas que teñen os adolescentes, pero creo que na segunda temporada xa se centran máis en transmitir mensaxes de axuda. 

    No referido ás tecnoloxías, o que me gusta desta serie é o cambio de non empregar as un teléfono ou un ordenador, por exemplo para escoitar as cintas, senón que sexaan en cassette, non quero comentar moito ao rspecto por se digo algo que non debo. 

    Por outra banda, amósase a importancia que teñen as redes sociais, Internet e a comunicación intantánea a cal podemos acceder coas tecnoloxías, podendo ser estas positivas, pero en grandes casos negativas. Polo que considero que sería beneficioso unha boa sensibilización ao respecto para todos aqueles que vexan a serie.

    Este é un tema realmente interesante! Un saúdo!!