OFERTAS DE EMPREGO

Bos días, compañeirxs!

Esta mañá observei unha noticia que me chamou moito a atención, polo que decidín compartila con todos vós.

España é o primeiro país europeo ao que chega a incorporación de ofertas de emprego da man do buscador de Google. Esta proposta leva en funcionamento dende o pasado mes de xullo en EEUU, extendéndose máis tarde por varios países de América Latina.

Este buscador permite filtrar as ofertas segundo o interese de cada usuario, ademais de discriminar por distancia, decha de publicación, etc. De feito, non só permite acceder a ofertas no país, senón que tamén permite acceder a ofertas de emprego existentes fóra de España. 

Estades dacordo con esta nova oferta de google? Credes que pode chegar a crear confitos entre as empresas, ou mesmanete entre os usuarios que buscan emprego?

Se vos suscitou curiosidade, déixovos o enlace da noticia.

Recuperado de: https://www.20minutos.es/noticia/3350197/0/llega-espana-apuesta-google-incorporar-ofertas-empleo-buscador/

Que teñades un bo día!