O FUTURO DA NOSA TECNOLOXÍA

Actualmente vemos a informática cunha natureza, que resultaba ser impensable non moito tempo atráis, podendo incluso ata pasar a levar a día de hoxe un ordenador no peto.

Atopámonos no 2018, e considero que o desenvolvemento tecnolóxico está sendo máis activo que nunca.

Levamos un tempo vivindo o que podemos considerar unha revolución industrial, a cal consistirá na casi completa automatización de todo o que empregamos.

A tecnoloxía cambiou de forma que interactuamos como individuos na sociedade e están planteándose problemas, que aparte dos interesados, si poderían devenir.

Un exemplo é a privacidade, pois si esto continúa por aquí os peligros son grandes e conseguirán tarde ou cedo eclipsar aos beneficios que nos proporcionan. Ademáis a informática tende a estandarización e finalmente acabamos vendo monopolios en certos sectores.

Considero que é necesario lexislar para conseguir que estos sucesos non acontezan, máis opino que o máis importante é estar concienciados da súa importancia e esixir que se cumplan certas normas, pois os perigos dun mal emprego das tecnoloxías non veñen únicamente de un uso armamentístico.

Ademáis de todo isto, se non asimilamos a tecnoloxía correctamente, esta podería provocar grandes danos na nosa sociedade, debido a intereses privados.

Remato dicindo que todo cambio tecnolóxico debe de ir acompañado dun cambio social, así como sociedade e tecnoloxía deben de avanzar xuntas buscando simplificar o noso traballo e facer as nosas vidas máis sinxelas.

 

Dito isto preguntavos: Como creedes vos que vai ser a tecnoloxía do futuro? Como vos gustaría que fose? Creedes que debería de cumprir algúns requisitos? No caso de que a resposta fora afirmativa, gustaríame moito que deixarades constancia daqueles que considerades máis importantes e precisos.

Moitas gracias.

​Un saúdo!