Os drons levanche un pedido a casa

Boas a todas e a todos! Hoxe pola mañá atopeime cunha noticia que me pareceu interesante compartir con vos. Esta ten como tema principal o comercio electrónico ou, tamén chamado “e-commerce”, o cal cada vez está tendo máis éxito a nivel internacional e mundial debido, principalmente, a comodidade que supón: unha persoa pode accecer a calquera tipo de tenda online en calquera parte do mundo. A alimentación, segundo varios estudos, é o sector que máis vai crecer e, polo tanto, que máis se vai beneficiar desta nova tecnoloxía.

Pero o que se trata principalmente na noticia non son os beneficios ou limitacións do servizo, senon a relación entre este tipo de comercio e a loxistica, xa que detrás de moitas compras dixitais están os envíos físicos. Os consumidores piden maioritariamente pedidos dunha soa unidade que queren recibir no menor tempo posible, isto obriga a que o transporte cambie: xa que os camións con pedidos pequenos que teñen que repartir por diversos lugares territoriais suponen un gasto elevado.

Para poñer solución a isto, empresas como Amazon opta por novas tecnoloxías e Amazon, en concreto, puxo en marcha a idea de repartir pedidos con drons. Increíble! Pero o que mais me impactou foi: “Ya no hablan solo de repartir con drones, sino de dejarle el pedido a los clientes en el coche o incluso tener las llaves de su casa.”

Que opinades disto? Demandariades e usariades este tipo de servizo? Se esto se chega a facer, que pasará cos establecementos que non conten con este recurso? Comentade!

Deixovos a noticia por aquí para que lle botedes unha ollada: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/mercados/2018/05/27/comercio-electronico-logistica-batalla-llama-ultima-milla/0003_201805SM27P2991.htm?utm_source=twitter&utm_medium=referral&utm_campaign=twgen

Ademais tamén vos suxiro que vexades este video no cal se explica o significado do "e-commerce": 

 

Comentarios

  • Sonia Tarrío

    Hola Laura! 

    En relación á túa publicación sobre a presencia e impacto que están a realizar os drons comparto unha noticia sobre esta temática que visualicei durante o telexornal de hoxe na televisión de Galicia.

    Trátase da actividade destos aparellos na produción agrícola, concretamente sobre a fumigación de cultivos.

    http://www.crtvg.es/informativos/agricultura-de-precision-con-drons-a-vangarda-do-sector-sae-de-galicia-3780446

    Está claro que  a actividade destos pequeno aparellos voadores avanza a pasos xigantescos. Como ben mencionas están a ocupar espazos de todo tipo, dende o comercial ata o agrícola, como tamén actualmente a colaboración co organismo da Dirección Xeral de Tráfico.

    Un saúdo!