Punto e seguido..

Chegando ao "final" desta etapa académicamente establecida de Tecnoloxía Educativa, gustaríame destacar nesta publicación o que supuxo este proceso, facendo fincapé a modo de reflexión crítica sobre o mesmo dende os seu inicio ata o momento actual.

De todo este proceso, os contidos adquiridos e as competencias desenvolvidas e enriquecidas, considero oportuno matizar no modelo relacional, aspecto que caracterizou a realización do proxecto e que me proporciona unha visión xeral sobre o transcurso da tecnoloxía a nivel persoal.

Este modelo contribuíu á perspectiva que tiña da propia tecnoloxía e ofreceu a oportunidade de ampliar horizontes sobre os seus ámbitos e formas de actuación a través da mesma. De este enfoque destaco a necesidade e importancia que implican as relacións  e prácticas sociais neste contexto como tamén os propios cambios e transformacións que provoca na sociedade en xeral. Este proceso está caracterizado polas interaccións co propósito de analizar e levar a cabo unha adecuada resolución de problemas.

No referido á elaboración do proxecto sobre a comunicación interxeracional, este enfoque dou conta da posibilidade e facilidade de oportunidades que pode implicar a presencia da Tecnoloxía neste ámbito social. O modelo relacional está moi presente e pon de manifesto a importancia e necesidade que implica e ten lugar no día a día de toda a sociedade. Ofrece grandes posibilidades de desenvolvemento social nunha sociedade cada vez máis innovadora e creativa.

O camiño percorrido ata aquí aportou serias contribucións á nosa formación como futuras pedagogas e dá pé a fortalecer este pilar base para continuar o camiño apostando por unha educacion tecnolóxicamente productiva e eficiente ao alcance de todos e para todos. Desta forma será posible promover e enriquecer o proceso de desenvolvemento socio educativo en xeral, e o proceso de ensinanza-aprendizaxe en particular. 

A modo de conclusión, rescato unha frase proposta durante unha das primeiras clases expositivas: "Las tecnologías ya se han hecho presentes y poseen impulso propio; la sociedad tendrá que habérselas con ellos de uno u otro modo."

O desenvolvemento tecnolóxico conforma un dos motores fundamentais para o progreso na nosa sociedade e éste dependerá sempre do uso e manipulación que fagamos.

 

- Tribuna Salamanca. (2013). La tecnología actual en nuestra sociedad. Recuperado de https://www.tribunasalamanca.com/noticias/la-tecnologia-actual-en-nuestra-sociedad/1369849795