Novas ferramentas de aprendizaxe

Durante unha das últimas clases expositivas da materia, por unha banda, entre todos aportamos as diferenzas e semellanzas entre o Campus Virtual e Stellae, e por outra banda, coñecemos os MOOC.

En primeiro lugar, o Campus Virtual é un Moodle, é dicir, unha ferramenta de xestión de aprendizaxe (LMS), concretamente Learning Content Management (LCMS), de distribución libre, escrita en PHP. Mentres que Stellae, é unha rede social, é dicir, unha estrutura social composta por un conxunto de actores que están relacionados de acordo a algún criterio. Ambas ferramentas permiten acceder e compartir toda a información que precisemos.

Persoalmente decántome por Stellae, xa que entre outros aspectos relevantes, destaco que permite unha maior interacción cos compañeiros/as, así como co profesorado; e o seu deseño é sinxelo, parecéndose as demais redes sociais que estamos acostumadxs a empregar.

En segundo lugar, o MOOC, Massive Online Open Courses en inglés, ou Cursos Online Masivos e Abertos; é un curso a distancia, accesible por internet ao que se pode apuntar calquera persoa e practicamente non ten límite de participantes.

Todos os MOOC presentan as seguintes características:

  • Autonomía: a súa estrutura está concibida para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, con numerosos recursos en maneira de vídeo, enlaces, documentos e espazos de debate e comunicación.
  • Masivo: o número de prazas e ilimitado, o ámbito é global e están dirixidas aos alumnos/as con diferentes intereses e aspiracións.
  • En liña: o curso é a distancia, so hai que ter un ordenador, teléfono intelixente ou tableta con conexión a Internet e usar un navegador web. Pódese cursar comodamente dende casa, de maneira libre e ao ritmo de cada estudante.
  • Aberto e gratuíto: os materiais que se empregan no curso están dispoñibles en Internet de maneira gratuíta. Os estudantes so teñen que rexistrarse previamente para acceder ao curso.

Diferéncianse dous tipos de MOOC: os MOOC conectivistas (cMOOC) e os MOOC comerciais (xMOOC).

  • Os cMOOC poñen a súa énfase na creación de coñecemento por parte dos estudantes, na creatividade, na autonomía, e a aprendizaxe social e colaborativo.
  • Os xMOOC son os cursos que se fixeron máis populares, os que se ofrecen a través de plataformas comerciais ou semicomerciais. Poñen a súa énfase na súa aprendizaxe tradicional centrada na visualización de vídeos e a realización de pequenos exercicios de tipo test.

O carácter disruptivo dos MOOC so se verifica se son tomados como experimentos para por a proba novas metodoloxías, novas tecnoloxías e novas maneiras de organizar a educación.

Por agora, os MOOC deberíanse de entender como un experimento, un experimento para descubrir e valorar novos modelos de ensinanza e aprendizaxe. Sen embargo, todo o interese que xerou produciu como resultado que moita xente pense que os MOOC son o futuro da educación. Os MOOC son a viaxe, non o final da viaxe.

 

Referencias bibliográficas:

Pernías, P. y Luján, S. (2014). Los MOOC: orígenes, historia y tipos. Recuperado de: http://www.centrocp.com/los-mooc-origenes-historia-y-tipos/

Universidad Autónoma de Barcelona (2018). MOOC. Recuperado de: http://www.uab.cat/web/estudiar/mooc/-que-es-un-curso-mooc-1345668281247.html