WHATSAPP E A SEGURIDADE NA REDE

Como último post, quero falar da noticia que saíu fai pouco na rtve que decía así: “Whatsapp evitará que el usuarios sea añadido en grupos que no quiere”.

Esta plataforma protexerá ao usuario para que non o poidan engadir repetidamente en grupos dos que previamente saíu. Outras das novas melloras para os grupos será que cando unha persoa se una a un grupo a descrición sobre o tema, as normas ou calquera outra nota importante aparecerá na parte superior do chat, incluso se podrá restrinxir quen pode cambiar o nome, icono e descrición do grupo. Ademais, cando se permaneza un tempo sen abrir o chat de grupo, poderanse ver os mensaxes nos que se che mencionou ou responderon tocando o  que aparece na esquina inferior dereita. Finalmente, os administradores terán capacidade para eliminar permisos de outros participantes e os creadores dos grupos non poderán ser eliminados.

Trato esta noticia, debido a que a protección na rede é de real importancia, e o que aquí fai esta plataforma é proporcionarlle maior seguridade aos seus usuarios.

 Considerades que estas medidas serán efectivas ou polo contrario vedes que son innecesarias ou que non darán resultado?

Por outra banda, gustaríame reflexionar un pouco sobre todo o que formos aprendendo ao longo desta materia, de todos os coñecementos adquiridos que nos permiten ser críticos coa información recibida e aportar grandes opinións ao respecto. Pouco a pouco formos conformando unha mochila chea de coñecementos, que van dende a competencia dixital ata o aprendizaxe en rede, e espero seguir adquirindo moitos máis ao longo da miña vida.

Con este último post despídome de todas e todos vos e anímovos a que sigades formándovos e indagando sobre noticias actuais sobre a tecnoloxía, entre outros ámbitos.

Un saúdo a todas e todos e moita sorte no curso que ven!!!

BIBLIOGRAFÍA

EFE ( 16 de maio de 2018). Whatsapp evitará que el usuarios sea añadido en grupos que no quiere. Rtve. Recuperado de: http://www.rtve.es/noticias/20180516/whatsapp-evitara-usuario-sea-anadido-grupos-no-quiere/1734422.shtml

Comentarios

  • Lucía Rico

    Boas, Noelia! Moi interesante este post! A verdade é que ao que máis importancia lle dou é ao feito de que non te poidan engadir a un grupo sen permiso, porque non podo evitar pensar na cantidade de casos de ciberbullying nos que se aproveitaban da liberdade de engadir a alguén a un grupo para humillalo, burlarse e mesmo ameazalo. Neste sentido creo que as novas medidas que tomará Whatsapp poden ser positivas, aínda que a solución para un bo uso das novas tecnoloxías non reside na restricción, senón na educación.

    Grazas polas túas aportacións, un saúdo!

  • Ángela González Villa

    Hola rapazas! Esta noticia paréceme moi interesante, non podemos negar, que WhatsApp, é unha gran ferramenta que nos permite comunicarnos en calquera lugar e momento con calquera persoa. Sin embargo, esta aplicación, como ben dí Lucía é unha importante arma para o ciberbullying, polo que, esta medida é un avance para a loita contra o ciberbuying, fenómeno que se atopa en ascenso, e que toda medida é necesaria para reducilo.

     

  • Noelia Suárez

    Boas Lucía e Ángela, creo que tendes razón no que decides, tamén considero que, como ben ti dis Lucía, debería haber máis educación e sensibilizazción o respecto, pero considero que estas medidas son un gran avance.Espero que se implanten pronto. 

    Un saúdo as dúas e grazas polos vosos comentarios!