Facebook prepara un acceso especial para os menores de 13 anos

Facebook prepara unha aplicación para que o poidan utilizar menores de 13 anos baixo a supervisión dos seus pais.

Esta noticia sorprendeume e vexoa de forma positiva xa que había moitos menores que falsificaban a sua edade sendo exposta moita información persoal ou falando con motia xente que nin sequera coñecen. Así poderán utilizar esta aplicación supervisados polos seus pais e esto poderán vixiar as amistades dos seus fillos ou flitrar de forma máis madura a información que os nenos ofrecen.

Sendo así, a rede social facebook podería facer aplicacións educativas onde os nenos e nenas poidan desenvolver apredizaxes interdisiplinares e compartilos a través da rede. Isto ten relación, co meu último blog sobre conectivismo, corrente pedagóxica que se basa na interacción entre individuos para optimizar o coñecemento de ambos.

Seguidamente deixo a noticia da Voz de Galicia 05/06/2012:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vidadigital/2012/06/04/facebook-prepara-acceso-especial-menores-13-anos/00031338820852556672203.htm