Educación a distancia

 

É increible o modo no que todo avanza, as cousas que aprendemos ao longo do curso ou puxemoslles nome, coma no meu caso cos MOOCS sabía que existían estas ferramentas pero non sabía que se chamaban así. Con isto quero falar da educación a distancia a partir desta conversa na canle da UNED que pode darnos moito xogo e facernos pensar sobre a situación da educación a distancia e a presencial. 

Moitas das nosas compañeiras tiveron contacto coa UNED é a valoración da mesma é realmente interesante. A cuestión principal con respecto á UNED que se nos transmite por parte delas é que sinten que aprenderon máis, dun xeito autónomo. Temos que ser conscientes do esforzo que iso implica e pensar que como alumna da UNED tes un marxe maior de liberdade a hora de planificarte (posto que non tes horarios fixos). 

Ao falar con elas sobre a súa experiencia comecei a ter moitas inquedanzas sobre o porque desa situación, considero que o problema que temos actualmente é os horarios desastrosos da facultade que nos dificultan moito á hora de traballar disfrutando. Considero que nos mesmas, poderíamos tratar de facer as clases máis amenas a través da participación e solicitar que a tecnoloxía estea máis presente ao longo da nosa educación ao igual que outras cuestións que realmente nos motivarían ou axudarían ao longo do proceso. Esta claro que detrás de ambos modo de estudar (presencial ou a distancia) a figura docente está presente pero cambia o modo de traballar, a flexibilidade, e a motivación.

Deixo dúas preguntas ao aire:

 Consideramos peor a educación a distancia? Precisamos dese contacto cara a cara cos docentes para comprender e sentir que aprendemos?

Programa: SIN DISTANCIAS

Espacio: Educación

Título: Pedagogía, tecnología y educación a distancia

Fecha emisión: 29 de enero de 2012 

https://canal.uned.es/video/5a6f513cb1111f24408b4f83?track_id=5a6f513cb1111f24408b4f87

 

Comentarios

  • María Fraga

    Boas Alba, despois la lectura do teu blogue, a cal me pareceu interesante e chea de reflexión e como resposta as túas cuestións, gustaríame facer a miña pequena aportación. 

    No que a educación a distancia respecta, quero destacar o importante cambio e evolución, que neste caso, a "UNED" como ti plantexas sufriu. Eu, fun estudante desta Universidade durante un periódo de dous anos fai 7 anos, e decir que a realidade que se vive agora non se asemella nada co que eu vivín. Tratábase dunha aprendizaxe totalmente autónoma dirixada a persoas principalmente con carreiras ou que traballan, donde podían acudir a unha titoría semanal a resolver dúbidas. O traballo tiña que ser diaro e a través de libros cunha letra minúscula e apenas sin imaxes que fixen máis representativa a aprendizaxe. Para mín, ese non era un bo método para aprender, e menos dirixido a unha persoa que acababa de rematar o instituto.

    A día de hora, polo que me teñen contado avanzou bastante, en vista de como se plantexa na actualidade, non considero esta ensinanza nin peor nin mellor, senón diferente e quizáis con maior carga de traballo da que nos supoñemos. 

    Por outro lado, na miña opinión, non creo que sexa necesario un contacto cara a cara cos docentes para sentir que aprendemos, pero si creo que é necesario algún tipo de contacto, xa que unha explicación do docente, xa sexa vía online ou presencial vai ser de gran axuda a hora da comprensión da materia e para facilitar o estudo e aprendizaxe da mesma.

    Saúdos!